"Hai que loitar contra a idea de que a acción exterior é unha excentricidade ou un malgasto"
ENTREVISTA Este martes e mércores Pontevedra acolle o I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, organizado polo IGADI e a Universidade de Vigo, no que se debaterá sobre o nivel de internacionaliación na política, na cultura ou na economía galegas. Falamos con Xulio Ríos.
As claves: A desmobilización de En Marea e a activación do voto do PP en Ourense
A pesar de que abstención creceu en Galicia, en 44 concellos (sobre todo da zona rural) a participación foi maior. En cambio, houbo menos votos en comarcas urbanas e costeiras (Bergantiños, Costa da Morte, Baixo Miño, A Mariña, O Salnés...). Mapa e gráficos no interior
"Unha vitoria do Brexit poría en primeiro plano o discurso antiinmigración"
46,5 millóns de cidadáns e cidadás do Reino Unido deciden este xoves a permanencia ou a saída da UE, cunhas sondaxes que prevén un resultado moi axustado. Falamos con Duarte Romero-Varela, xornalista galego residente en Londres
Estes 22 refuxiados e refuxiadas non poden agardar máis
Un cento de organizacións sociais e institucións coma os concellos de Cangas e Lalín demándanlle ao Estado que acolla un grupo de persoas con necesidades médicas urxentes. Entre elas están Natasha e Hamdiya, casos que tratou directamente a galega María Vence, que nos explica a súa situación.
"Evitar que gobernen os desencantados": Outra advertencia empresarial para a colección
Villar Mir pediu onte un pacto PP-PSOE para evitar que gobernen aqueles "aos que as cousas no lles foron ben, que non cren en deus nin na economía de mercado", en referencia a Podemos. Repasamos algunhas outras advertencias realizadas polos grandes empresarios
O mundo do mar esíxelles aos partidos 8 compromisos para garantir o futuro do sector
Na xuntanza participaron confrarías, organizacións de produtores de mexillón, plataformas en defensa das rías, armadores (Asoar-Armega e Acerga) e sindicatos. En Marea, PSdeG-PSOE e BNG asumiron todas as demandas. PP e Ciudadanos dixeron que as estudarían
"O 26X pode haber menor participación pero en cambio unha maior mobilización da xente nova"
Falamos co analista Carlos Neira sobre as perspectivas de participación para as eleccións deste domingo. Sinala que as enquisas que prevén un pequeno incremento da abstención poden estar no certo, pero que o nivel de activación pode ser moi distinto nuns e noutos sectores da sociedade.
Os concellos do 'sorpasso'
O 20D En Marea só superou os socialistas en 54 concellos. Iso si, o seu dominio foi claro nas áreas metropolitanas de Vigo, A Coruña, Compostela e Ferrol, e nas comarcas do Morrazo, O Barbanza, O Salnés e O Baixo Miño.
En Marea chama a votar "contra o medo" para derrotar o PP
Errejón, Ferreiro, Oltra e Garzón instan o PSOE a "definirse" sobre se apoiarán "un goberno de Unidos Podemos ou un goberno do Partido Popular". Os candidatos e candidatas piden "refacer un acordo interxeracional entre mozos e maiores".
"Cada vez que Núñez Feijoo fala da Hepatite C, mete a pata"
Evaristo Varo, voceiro de Batas Blancas e xefe da Unidade de Transplante Abdominal do CHUS, responde ás declaracións realizadas polo dirixente popular, que cualificou de "calumnias" e "insidias" as denuncias de que a decisión de non aprobar tratamentos provocou o falecemento de pacientes
Radiografía electoral: Os 56 concellos que deciden dous de cada tres votos
Repasamos a evolución electoral das principais forzas políticas nas localidades galegas que superan os 10 mil habitantes. Cidades e vilas que suman 1,9 millóns de persoas. Gráficos no interior
As axudas para a incorporación de mocidade ao agro, lastradas por unha fiscalidade excesiva
O SLG denuncia que as persoas beneficiarias teñen que pagar ata un terzo da subvención obtida, que en ocasións aínda non cobraron. Ademais, Facenda impide prorratear a tributación da axuda nos cinco anos aos que fai referencia, esixindo o pagamento no primeiro exercicio.