Urbana, vilega, rural: Así son as tres (ou seis) Galicias
O IGE clasifica os concellos en seis categorías en función do seu grao de urbanización, seguindo o estándar empregado por Eurostat. Esta semana ofreceu unha selección de indicadores demográficos, económicos e laborais para sinalar as diferenzas existentes entre uns ámbitos e outros.
"Onde a xente se mobilice, vanse ver obrigados a manter o tren e a investir nel"
ENTREVISTA | Falamos con Alberto Díaz Ruíz, voceiro da Plataforma en Defensa do Tren A Coruña – As Mariñas, que lembra que "cando os servizos funcionan ben, o tren ten unha grande aceptación polos usuarios e usuarias".
O 74% dos xefes de servizo da Xunta están nomeados 'a dedo'
Os datos foron presentados por CSIF, que lembra que o Goberno galego incumpre o compromiso que adquiriu hai dous anos no Parlamento, onde o PP aprobou a selección por concurso dos funcionarios da administración neste nivel, recollido na Lei do Emprego Público
O concelleiro de Cultura da Coruña, imputado polo cartel do Entroido
José Manuel Sande terá acudir ao xulgado o 17 de abril por un presunto delicto "contra os sentimentos relixiosos", trala denuncia presentada pola Asociación de Viúvas de Lugo, que lle esixe que pida "desculpas" e espera que isto lle sirva de "escarmento"
Alfonso Pato: "Agadic está en mans de robots, e é moi difícil dialogar con robots"
O director do Festival de Cans confirma a presentación dun recurso contra a decisión de deixar sen axudas da Xunta ao evento, que podería perder o 25% do seu orzamento, compensado polos apoios privados, que se incrementaron nos últimos días en resposta ao sucedido. "O festival será doutra forma, pero será", di.
Santalices eloxia o crego condenado por apropiación indebida como un "adiantado ao seu tempo"
O presidente do Parlamento destacou o labor pioneiro de Benigno Moure na apertura de residencias da terceira idade “desde unha visión integradora, orientada a evitar o desarraigo da persoa”. Moure rouboulle a unha muller con alzheimer medio millón de euros e foi castigado a 5 anos de cadea, dos que só cumpriu dous meses
AGADIC nega os fallos informáticos denunciados polos festivais que quedaron sen axuda
Asegura que non lle consta que Cans, Curtocircuito, Cineuropa e FKM realizasen xestións e di que só o Primavera do Cine de Vigo levou a cabo movementos na plataforma, pero sen completar o envío. Defende o bo funcionamento do seu sistema e acúsaos de "incumprimento flagrante" das bases
Erimsa nega que a súa actividade mineira prexudique os terreos
A empresa norueguesa sinala que leva 30 anos extraendo cuarzo en Frades, Mesía, Ordes e Oroso mediante un sistema de alugueiro temporal de terras "sen que se producira incidente ningún". O SLG denuncia, pola contra, que os traballos provocan danos nos prados durante anos.
"A reflexión sobre a hora oficial debe basearse en datos solventes"
O Consello da Cultura Galega vén de publicar un libro coordinado por Jorge Mira, con traballos de catro especialistas, que analiza a necesidade e os posibles beneficios e prexuízos dun hipotético cambio do fuso horario no Estado español. O texto será entregado aos gobernos galego e central.
O Resurrection critica a alza nun 500% dos prezos do aloxamento en Viveiro durante o festival
A organización alerta de que "de manterse esta situación a longo prazo, será insostible manter o festival" na localidade e pide "regular isto dalgunha maneira"
Ourense pelexa para salvar o seu Ateneo
Entidades sociais e formacións políticas reclámanlle a Xunta e Concello a cesión dun local para o Ateneo, con 48 anos de historia, cuxo futuro está no aire.
Nove concellos piden melloras na liña A Coruña-Ferrol e un futuro "tren de proximidade"
Representantes de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, Cambre e A Coruña asinan unha declaración institucional na que demandan accións inmediatas para mellorar o servizo, con máis frecuencias e menor duración do traxecto. A Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas esixe un servizo "público, social e de calidade"