Descobren no Porriño centos de currículos dunha feira de emprego nunca entregados a empresas
O achado foi denunciado polo actual Goberno municipal, que responsabiliza dos feitos ao concelleiro de emprego na pasada lexislatura, Alejandro Lorenzo, hoxe líder do PP na localidade
"O tratamento contra a Hepatite C, que nin os países ricos poden pagar, supuxo un cambio de paradigma"
ENTREVISTA | Germán Velásquez abandonou a OMS denunciando o control que na organización exercen as grandes farmacéuticas. Agora, dende o Centro do Sur traballa por garantir o acceso universal aos medicamentos. Interveu este martes na segunda xornada da Semana Galega de Filosofía
"As empresas de EUA van usar o CETA como Cabalo de Troia a través das súas filiais canadenses"
ENTREVISTA | Tom Kucharz (Ecoloxistas en Acción) interveu este luns pola noite na primeira xornada da XXXIV Semana Galega de Filosofía, dedicada á saúde. No seu relatorio alertou contra as grandes concentracións empresariais na agroindustria e o poder político destas compañías.
A declaración xudicial do edil coruñés de Cultura devén nun acto de defensa das liberdades
José Manuel Sande foi apoiado por unhas 200 persoas -algunhas difrazadas de monxas, cardeais e papas- que se concentraron ante os Xulgados.
DO e PSdeG-PSOE, contra a "procrastinación" do alcalde de Ourense
O pleno aproba unha moción do grupo liderado por Gonzalo Pérez Jácome que critica a "inacción" do Goberno municipal e pide a dimisión de Jesús Vázquez. Ourense en Común negouse a participar na sesión extraordinaria convocada exclusivamente para este fin e presentou un Acordo de Traballo para a cidade
A porcentaxe de alumnado que cursa Relixión caeu case 20 puntos nunha década
O descenso deuse tanto en Primaria (do 89,5% ao 72,9%), ESO (do 69,8% ao 50,3%) coma no Bacharelato (do 52,7% ao 33,1%). Mentres, o número de mestres e mestras mantense practicamente inalterado dende hai dez anos, a pesar do importante recorte sufrido polo conxunto do corpo docente
Medio Rural declara o período de alto risco de incendios pero non incorpora todo o seu persoal
A nova situación entrará en vigor este xoves, aínda que aínda non foi comunicada oficialmente pola Xunta. A CIG esixe que comecen a traballar as persoas de reforzo, "desestacionalizando a contratación" igual que o lume está tamén "desestacionalizado".
O pleno da Coruña aproba unha moción polo "dereito á irreverencia"
O texto, presentado pola Marea Atlántica, foi apoiado por PSdeG-PSOE e BNG, mentres que o PP se abstivo. A proposta amosa o "apoio público e solidariedade" ao concelleiro de Culturas, que deberá acudir ao xulgado o vindeiro luns 17 de abril por mor do cartel do Entroido.
Un curso online formará ciberactivistas en Galicia contra os discursos de odio
A iniciativa, impulsada por Ecos do Sur, busca tamén constituír unha rede anti-rumores que contrapese a actividade dos grupos e individuos contrarios ás persoas migrantes. Desenvolverase ao longo de maio e xuño. Falamos con Natalia Monje, responsable de comunicación da entidade.
Espazo Lectura: "O único apoio público que necesitamos é unha biblioteca de calidade"
ENTREVISTA | Falamos con Beatriz Núñez, presidenta desta entidade de promoción da lectura nacida en Gondomar hai 11 anos, e que recentemente anunciou a suspensión das súas actividades, por mor das condicións nas que se atopa a biblioteca municipal.
As vendas de produtos ecolóxicos galegos creceron un 25% no último ano
O volume de negocio total roldou en 2016 os 42 millóns de euros, case o dobre do que se rexistraba en 2011. Hai case un milleiro de operadores rexistrados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)
Seis de cada dez granxas seguen cobrando menos de 29 céntimos por litro de leite
A pesar dunha leve recuperación dos prezos dende os mínimos acadados o pasado verán, as explotacións máis pequenas (maioritarias en Galicia), reciben 28 e mesmo 26 céntimos por litro. Dende abril de 2015 pecharon o 11% das granxas lácteas galegas.