Estes 22 refuxiados e refuxiadas non poden agardar máis
Un cento de organizacións sociais e institucións coma os concellos de Cangas e Lalín demándanlle ao Estado que acolla un grupo de persoas con necesidades médicas urxentes. Entre elas están Natasha e Hamdiya, casos que tratou directamente a galega María Vence, que nos explica a súa situación.
"Evitar que gobernen os desencantados": Outra advertencia empresarial para a colección
Villar Mir pediu onte un pacto PP-PSOE para evitar que gobernen aqueles "aos que as cousas no lles foron ben, que non cren en deus nin na economía de mercado", en referencia a Podemos. Repasamos algunhas outras advertencias realizadas polos grandes empresarios
O mundo do mar esíxelles aos partidos 8 compromisos para garantir o futuro do sector
Na xuntanza participaron confrarías, organizacións de produtores de mexillón, plataformas en defensa das rías, armadores (Asoar-Armega e Acerga) e sindicatos. En Marea, PSdeG-PSOE e BNG asumiron todas as demandas. PP e Ciudadanos dixeron que as estudarían
"O 26X pode haber menor participación pero en cambio unha maior mobilización da xente nova"
Falamos co analista Carlos Neira sobre as perspectivas de participación para as eleccións deste domingo. Sinala que as enquisas que prevén un pequeno incremento da abstención poden estar no certo, pero que o nivel de activación pode ser moi distinto nuns e noutos sectores da sociedade.
Os concellos do 'sorpasso'
O 20D En Marea só superou os socialistas en 54 concellos. Iso si, o seu dominio foi claro nas áreas metropolitanas de Vigo, A Coruña, Compostela e Ferrol, e nas comarcas do Morrazo, O Barbanza, O Salnés e O Baixo Miño.
En Marea chama a votar "contra o medo" para derrotar o PP
Errejón, Ferreiro, Oltra e Garzón instan o PSOE a "definirse" sobre se apoiarán "un goberno de Unidos Podemos ou un goberno do Partido Popular". Os candidatos e candidatas piden "refacer un acordo interxeracional entre mozos e maiores".
"Cada vez que Núñez Feijoo fala da Hepatite C, mete a pata"
Evaristo Varo, voceiro de Batas Blancas e xefe da Unidade de Transplante Abdominal do CHUS, responde ás declaracións realizadas polo dirixente popular, que cualificou de "calumnias" e "insidias" as denuncias de que a decisión de non aprobar tratamentos provocou o falecemento de pacientes
Radiografía electoral: Os 56 concellos que deciden dous de cada tres votos
Repasamos a evolución electoral das principais forzas políticas nas localidades galegas que superan os 10 mil habitantes. Cidades e vilas que suman 1,9 millóns de persoas. Gráficos no interior
As axudas para a incorporación de mocidade ao agro, lastradas por unha fiscalidade excesiva
O SLG denuncia que as persoas beneficiarias teñen que pagar ata un terzo da subvención obtida, que en ocasións aínda non cobraron. Ademais, Facenda impide prorratear a tributación da axuda nos cinco anos aos que fai referencia, esixindo o pagamento no primeiro exercicio.
O voto, concello a concello. 5 mapas para entender os resultados do 20D
Analizamos a distribución territorial do voto a PP, En Marea, PSdeG, Ciudadanos e NÓS e tamén a relación que mantén a porcentaxe acadada por cada candidatura coa idade media de cada localidade.
"O sistema quere que homoxeneicemos os patróns de consumo. Pero hai un debate que está ampliando o presente"
ENTREVISTA Este xoves e venres Vigo acolle o VI Congreso Internacional de Agroecoloxía, que dará cita a un cento de investigacións procedentes de dez países e a expertos como Jorge Riechmann e Clara Nicholls. Falamos con Xavier Simón organizador do encontro
"É un disco moi rabudo, moi resentido, estamos moi anoxados outra vez co mundo"
ENTREVISTA Falamos con Antón Reixa sobre o novo disco de Os Resentidos (Fai un sol de carallo - Suite), gravado en directo coa Banda “A Lira” de Ribadavia e que inclúe seis cancións novas, marcadas pola situación económica e a crítica política. Escoita Mambo galego no interior