"Na historia do cinema todos os movementos viñeron acompañados dunha política audiovisual"
ENTREVISTA A profesora Beli Martínez vén de defender a súa tese de doutoramento, O cine de non ficción no novo cinema galego (2006-2012), que analiza a orixe e as a características deste movemento que puxo a cultura nun lugar protagonista a nivel mundial
As manifestacións reducíronse en 2015 por segundo ano consecutivo
En Galicia, o número de marchas comunicadas ao Ministerio do Interior foi de 3.524, inferior ás 3.777 de 2014 e ás 4.674 de 2013. A cifra, con todo, supera á de 2012 e duplica os datos dos anos anteriores. Crecen as protestas veciñais, agrarias, sanitarias e contra a violencia de xénero.
En 2015 rexistráronse 54 violacións en Galicia, un 15% máis que no ano anterior
As agresións con penetración situáronse no seu nivel máis alto dos últimos anos. Tamén se incrementou a frecuencia doutros delitos contra a liberdade e a indemnidade sexual, que inclúen outro tipo de abusos, acoso, exhibicionismo e prostitución
Minaría de opinións: Un proxecto galego que lles aprende a 'ler' ás máquinas
ENTREVISTA Falamos con Manuel Vilares (Universidade de Vigo), responsable de Telepares, unha iniciativa de investigación que desenvolve ferramentas que analicen de xeito automático microtextos coma os que se empregan en twitter e outras redes sociais.
"Elviña é un barrio, non só un espazo por onde a 'verdadeira' cidade pode crecer"
Ergosfera amosa estes días o proxecto/exposición Cousa de Elviña: unha análise das orixes, presente e futuro do conflito motivado polo plan do Parque Ofimático, reivindicando un urbanismo diferente que respecte o preexistente e se integre con el. Falamos con Iago Carro
Vigo, O Morrazo e Pontevedra lideran a caída da natalidade en Galicia
O número de nacemento nas tres comarcas reduciuse o pasado ano en máis de 300, unha cifra superior á caída que se rexistrou no conxunto do país. En Deza, Noia, A Coruña, Os Ancares, Barbanza, Ordes e Tabeirós-Terra de Montes si naceron máis nenos e nenas no 2015 que no 2014
"Preto de nós hai moitas mulleres que queren facer oír as súas voces. E non poden"
ENTREVISTA A Revista Feminista Revirada publica estes días na rede o seu número 1. Falamos coa súa equipa de editoras: Giada Maria Barcellona, Mariola Mourelo e Pablo Andrade
Por primeira vez todas as comarcas galegas presentan saldo vexetativo negativo
Ames, Arteixo, O Porriño, Oroso, Salceda de Caselas, Poio, Cambre, Burela, Soutomaior, Culleredo, Narón, Pontevedra, Gondomar e Pontecesures foron en 2015 as únicas localidades nas que naceron máis persoas das que morreron, segundo datos do IGE.
O mundo da cultura de Pontevedra pide nun manifesto a abolición das touradas na cidade
O texto, asinado por 20 colectivos sociais e culturais da comarca e 45 persoeiros a título individual, demándalle ás distintas administracións unha "posición activa" para rematar con esta práctica na localidade. O 13 de agosto está convocada unha manifestación neste senso.
"O período anterior ao golpe do 36 é unha época de pluralidade, de rúas que se comparten"
Este xoves inaugúrase na sede da Fundación Granell a exposición 80 anos. Santiago 1936, que amosa como era a Compostela previa e posterior á sublevación militar. Un esforzo divulgador previo ao congreso que a partir do 18 de xullo afondará no estudo deses anos. Falamos co historiador Antonio Míguez
Os alcaldes das mareas piden unha candidatura de consenso compatible coas primarias
Xulio Ferreiro, Martiño Noriega e Jorge Suárez presentaron en Ferrol un manifesto conxunto no que chaman a manter unha xuntanza en xullo para iniciar o proceso de confección do programa e a lista para as autonómicas.
A Xunta consumará este mércores o despedimento do proxeccionista do CGAI
Os sindicatos convocan unha concentración ante a sede da EGAP ás 11.30 horas para protestar contra a supresión de tres prazas (dúas delas non ocupadas), a pesar de que tanto Anxo Lorenzo coma o deputado César Fernández afirmaran que non se ía recortar persoal