Dez mulleres para as Letras 2018
O colectivo Polo Correo do Vento impusa unha campaña para que o Día das Letras Galegas do vindeiro ano estea dedicado a unha autora. Suxire dez nomes e propón que o alumnado dos centros de ensino se dirixa por carta aos académicos e académicas da RAG.
Lanzan unha plataforma para financiar causas xudiciais "cun impacto social positivo"
SumJusty.org está impulsada pola avogada coruñesa Lidia García González, presidenta da Asociación Suma Justicia. O obxectivo é apoiar aquelas persoas e colectivos que non poden facer fronte aos gastos xerados por este tipo de procesos.
"Cando alguén investiga a obra dunha muller, lévalle moito máis tempo porque están ocultas"
ENTREVISTA | Ouvirmos presenta este martes cun concerto na Coruña o libro-CD Eugenia Osterberger. A compositora galega da Belle Époque (1852-1932), das investigadoras Beatriz López Suevos e Rosario Martínez, que salienta a falta de recoñecemento desta figura.
A USC pretende cobrar polo acceso a informacións suxeitas á Lei de Transparencia
A CIG solicitou que a universidade fixese pública a actividade da súa empresa UNIXEST. Trala intervención da Valedora do Pobo, o Reitorado accedeu a entregar a documentación, mais esixindo o pagamento de 150 euros, a pesar que a normativa garante a gratuidade na comunicación destes datos.
"Durmín moi pouco. Creo que me quedan poucos días de vida"
O Vello Cárcere de Lugo acolleu un acto no que se leron as cartas escritas por sete condenados a morte tralo golpe de Estado de 1936. Na homenaxe, organizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, participaron varios familiares dos represaliados
'Un Día de Cine': Espazo de arte compartido para a integración
Cinco anos despois da estrea da longametraxe Máscaras, os responsables deste proxecto de inclusión a través do audiovisual presentan unha nova iniciativa na que usuarios/as Aspronaga (Asociación de Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) e alumnado do Colexio Calasancias da Coruña traballan en conxunto
Cova Eirós: Unha declaración BIC insuficiente?
A Asociación Ambiental Petón do Lobo e outras cinco entidades alertan de que o procedemento iniciado pola Xunta deixa fóra da protección toda a contorna da cavidade e non serve de freo á ameaza que supón a mina a ceo aberto próxima
"Os permisos por nacemento intransferibles funcionan como acelerador dun cambio cultural"
ENTREVISTA | Carmen Castro analiza en Políticas para la igualdad (Catarata) o "efecto multiplicador" que a aplicación desta medida tería para acadar un reparto equilibrado das tarefas de coidados e para diluír a actual división sexual do traballo, impulsando unha mudanza no comportamento masculino
As vítimas de violencia de xénero menores de 25 anos aumentaron un 31% dende o 2012
En 2016 as denuncias realizadas por mozas galegas por debaixo desa idade creceron por cuarto ano consecutivo. Con todo, a franxa de idade con máis casos segue a ser a de 25 a 44 anos. O pasado exercicio 1.048 agresores foron condenados.
"A xeración máis activa e capaz de achegar cousas novas quedou anulada en 1936"
ENTREVISTA | A Deputación da Coruña presentou o proxecto que afonda na represión que o franquismo exerceu contra os alcaldes e concelleiros da provincia, unha listaxe de 300 nomes de cargos públicos asasinados, exiliados ou encarcerados. Falamos con Emilio Grandío, director da investigación
36 murais unen o pasado e o futuro da Ribeira Sacra
Monforte acolle a derradeira obra dun proxecto que nos dous últimos anos encheu de arte os muros de 21 concellos da comarca, con referencias ás profesións tradicionais da zona ou ás súas lendas, co obxectivo de recuperar espazos degradados e de converterse nun atractivo turístico.
40 concellos suman a metade das hectáreas queimadas en Galicia dende 2001
MAPAS INTERACTIVOS Unha parte importante destas localidades sitúase na provincia de Ourense. Entre 2001 e 2014 Galicia concentrou o 39% de todos os incendios do Estado e o 80% deles foron provocados. Consulta os datos, concello a concello, nestes mapas interactivos