Tan só a provincia de Lugo escapa do acentuado descenso de nacementos no último lustro
Nos concellos lucenses o número de nenos e nenas nacidas entre 2011 e 2015 é case idéntico ao do período 2006-2010. Pola contra, A Coruña (-7.4%), Ourense (-8,9%) e sobre todo Pontevedra (-11,7%) rexistran acusadas caídas nos indicadores de natalidade.
Galicia perde 7.000 habitantes en seis meses tras caer os nacementos un 1,2%
No primeiro semestre de 2016 naceron en Galicia unhas 9.400 persoas e morreron algo máis de 16.300, segundo os datos provisionais do INE. O 2015 rematou como o ano coa maior fenda entre nacementos e mortes da serie histórica.
"Os problemas da sociedade son problemas políticos e é na política onde os debemos solucionar"
ENTREVISTA Falamos con María Paz, vicepresidenta da Coordinadora Galega de ONGD, entidade que agrupa 45 organizacións e 43.000 persoas socias e que neste 2016 celebra o seu 25 aniversario.
Carlos Barros (USC) e os restantes afectados polos plaxios do reitor da URJC esixen a súa dimisión
Os cinco profesores que probaron que Fernando Suárez Bilbao copiara traballos seus para publicalos co seu nome difunden un comunicado conxunto no que alertan da "vergoñenta imaxe" que a súa continuidade "está ofrecendo da universidad pública española".
Ángeles Huerta: "As verdades negadas retornan como síntomas"
ENTREVISTA O 14 de decembro estrearase na Coruña Esquece Monelos, unha longametraxe documental que percorre a historia e desaparición do río que cruzaba a cidade herculina ata os anos sesenta, momento en que foi soterrado. Falamos coa súa directora.
Moito máis que Siria: Accem deu acollida este ano 80 refuxiados na Coruña
A ONG conta con 47 prazas en nove pisos distribuídos pola cidade. Falamos coa coordinadora da entidade en Galicia, Carmen Vázquez Pérez-Batallón, que pide non esquecer ás persoas doutras nacionalidades, que foxen de conflitos abertos en todo o planeta.
Os colexios oficiais de Traballo Social, Educación Social e Psicoloxía únense ás críticas á Valedora
Esta semana o MGSM xa rexeitou as declaracións de Milagros Otero, nas que apostaba por "incapacitar" as persoas sen fogar que xeren problemas de convivencia e "sometelos a un tratamento" mesmo contra a súa vontade.
'Nove meses na brasa e tres na casa'
Un terzo dos traballadores do Servizo público de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta cesou este mércores e reincorporarase a finais de febreiro ou en marzo. Apropiga reclama a súa continuidade para mellorar os traballos de prevención durante o inverno.
Tres vías de alta capacidade en paralelo en Valga e Pontecesures?
A Plataforma Veciñal Variante Non vén de presentar alegacións ao proxecto de construción dunha variante da N-550, que xulgan innecesaria e que provocará un gran prexuízo á contorna. En 500 metros coexistirían estas dúas estradas e mais a AP9.
A Coruña diralles adeus a Arteijo, Villa de Lage, Mellid ou Río Jallas
O Concello completará ao longo de 2017 a regaleguización do rueiro, aprobado polo pleno hai anos, pero que non fora aplicado polos gobernos de Javier Losada e Carlos Negreira. A denominación e a sinaléctica dun total de 22 rúas e prazas axustarase á legalidade.
Camiños do Morrazo: O espazo público ao servizo da veciñanza
Cangas e Moaña presentarán unha iniciativa conxunta para dispor de 5 millóns de euros da UE para impulsar itinerarios de prioridade peonil e de bicicleta que revitalicen os seus núcleos e faciliten a mobilidade interna. Falamos con Martín Barreiro, membro do equipo que deseñou o proxecto
A cidade da Coruña recupera o edificio do antigo cárcere
Concello e Interior chegaron a un acordo para a cesión provisional do inmoble -á espera da resolución do litixio xudicial aberto- para que teña usos culturais e comunitarios. Proxecto Cárcere celebra a decisión e chama a abrir un proceso participativo para a definición do espazo e da súa actividade