"De quen é a culpa de que os refuxiados afoguen no Mediterráneo? É a nosa culpa"
Entre este martes e o vindeiro día 26, a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convocará unha concentración diaria ás 20 horas en Compostela para esixirlle ao Goberno español que dea asilo ás 17.337 persoas ás que hai dous anos se comprometeu a acoller. Falamos con Isabel Rey.
Javier Gallego: "Estamos nas marxes, pero non nos sentimos marxinais"
ENTREVISTA | Falamos con Javier Gallego, que conduce o programa de radio independente Carne Cruda, que este sábado se emite dende Bueu, coincidindo co peche do festival de curtametraxes FICBUEU.
"A educación é o maior instrumento para reducir a desigualdade social"
ENTREVISTA | Jorge Álvarez, doutor e Catedrático de Filosofía de Instituto, é un dos integrantes da comisión de docentes que impulsa a iniciativa para recuperar esta materia como troncal no Bacharelato.
A Xunta exhibe optimismo sobre o sector lácteo, malia que o prezo segue por debaixo dos 30 céntimos
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destaca que as explotacións galegas "están a adaptarse ás condicións que impón o mercado". Salienta que os prezos e a produción creceron no último ano, pero esquece que os datos son peores aos que anos anteriores. Dende xaneiro de 2015 pecharon 1.350 granxas.
A Fonsagrada celebra os dez anos da recuperación dos restos dos membros do Batallón Galicia
O sábado 30 de setembro lembrarase o 80 aniversario do asasinato do Comandante Moreno e os seus homes e o décimo da exhumación que permitiu identificar os seus corpos, que se atopaban nunha foxa común no Acevo.
"Os estudantes de ciencias saen sen formación filosófica, cando é o xerme de todas as preguntas científicas"
Este venres comeza a campaña #FilosofíaSi, que reclama que a materia volva ser troncal para todo o alumnado de Bacharelato. Falamos con Eva Garea, unha das docentes da comisión que impulsa a reivindicación
"A Filosofía dálle ao alumnado ferramentas para moverse nun mundo cambiante"
Os impulsores da iniciativa para recuperar a materia de Filosofía en 2º de Bacharelato lanzan este venres a campaña Comeza o curso chiando pola Filosofía, á que seguirán outras iniciativas de difusión. Falamos con Carme Adán
Os 6 grandes cambios que introduce a Lei de Iniciativas Empresariais do PP
ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM debullan as consecuencias desta proposta, cuxa toma en consideración por vía de urxencia aprobou este martes o Parlamento. Menos controis nos sectores eólico, mineiro e forestal e maiores facilidades para a implantación de grandes empresas definen a norma.
O PP impulsa unha lei para eliminar controis a iniciativas mineiras, eólicas ou forestais
A proposición de lei de fomento de implantación de iniciativas empresariais, que se debaterá este martes no Parlamento pola vía de urxencia, aceleraría os procesos de explotación mineiros e suprimiría garantías ambientais e patrimoniais na implantación doutros proxectos. Falamos con Antón Sánchez (En Marea)
Sarria, capital ibérica dos observadores de nubes
A Granxa Escola de Barreiros da localidade lucense acolle do 22 ao 24 de setembro o III congreso da Asociación Ibérica de Observadores de Nubes. Falamos con dous dos seus organizadores, Fernando Fuentes e Germán Díaz.
"Hai que buscar públicos diferentes, máis alá do que xa milita na literatura galega"
ENTREVISTA | Falamos con Carlos Meixide, que despois de publicar por entregas ao longo do mes de agosto en Praza.gal a súa novela A memoria dos meus pasos, vén de iniciar agora unha campaña de micromecenado para completar a súa edición en papel
O Plan de Prevención do Suicidio da Xunta non incorporará máis persoal nin orzamento
O Movemento Galego da Saúde Mental valora o documento, que en breve será presentado polo Goberno galego. A entidade celebra que "por fin" se poña atención "nun dos máis graves problemas de saúde pública", pero critica numerosas eivas na proposta que -din- chega catro anos tarde.