"Hai que buscar públicos diferentes, máis alá do que xa milita na literatura galega"
ENTREVISTA | Falamos con Carlos Meixide, que despois de publicar por entregas ao longo do mes de agosto en Praza.gal a súa novela A memoria dos meus pasos, vén de iniciar agora unha campaña de micromecenado para completar a súa edición en papel
O Plan de Prevención do Suicidio da Xunta non incorporará máis persoal nin orzamento
O Movemento Galego da Saúde Mental valora o documento, que en breve será presentado polo Goberno galego. A entidade celebra que "por fin" se poña atención "nun dos máis graves problemas de saúde pública", pero critica numerosas eivas na proposta que -din- chega catro anos tarde.
Así funcionan os montes veciñais de Froxán e Covelo
ENTREVISTA | Falamos con Alexandre Cendón (CMVMC de Santiago de Covelo) e con Lucía Cao (CMVMC de Froxán, Lousame), que explican o traballo que realizan nos dous espazos sinalados pola ONU como modelo de xestión comunitaria e conservación do medio
"Se o cárcere está vivo, se a cidadanía o fai seu, conseguirase a devolución final do espazo"
ENTREVISTA | Falamos con Alberto Fortes, un dos voceiros do Proxecto Cárcere, colectivo que dende o ano 2010 traballa para a recuperación da vella prisión provincial e que será o encargado de xestionar o espazo, que terá un carácter aberto todo tipo de entidades e centrado na memoria histórica e a cultura
A sanidade privada 'ofrécese' a reducir a lista de espera cirúrxica a cambio de 88 millóns
A fundación que agrupa os hospitais privados do Estado manterá xuntanzas cos responsables sanitarios para detallar unha proposta que xa foi rexeitada pola AGDSP, que esixe "abrir as camas e quirófanos pechados" e empregar os recursos dos centros públicos polas tardes para mellorar o servizo
Exército e Concello de Ordes homenaxearán cunha xura de bandeira un heroe do Franquismo
Os actos, que terán lugar este domingo, lembran a morte do Soldado Lois, finado hai 80 anos no Cruceiro Baleares, que xogou un papel clave na vitoria militar do exército nacional. A Coruña acollerá o sábado en María Pita outra cerimonia de xura da bandeira para civís
Dous montes veciñais, recoñecidos pola ONU como exemplo de conservación e xestión participada
As comunidades de montes de Froxán (Lousame) e Santiago de Covelo foron incorporados ao rexistro ICCA no que figuran casos de éxito na xestión comunal do territorio por parte dos seus habitantes. Falamos con Sergio Couto (Iniciativa Comunales) e Alexandre Cendón (CMVMC de Covelo)
"Unha cidade é moito máis que unha sucesión de fachadas, ten que haber alguén vivindo e traballando detrás"
ENTREVISTA | O investigador e arquitecto lucense Iago Lestegás presentou en xuño a súa tese de doutoramento sobre os efectos da turistificación no centro de Lisboa, e vén de ser galardoado co premio á mellor comunicación dun investigador mozo en Xeografía Urbana
Cosmos segue usando explosivos preto da Cova Eirós, a pesar da sentenza que anulou a súa licenza
Petón do Lobo denuncia que a empresa realizou varias voaduras na canteira próxima ao xacemento, que ten en marcha o procedemento para a súa declaración como BIC. O ditame xudicial aínda non é firme e o Goberno galego non adoptou medidas cautelares para protexer o espazo.
COGAMI e consumidores, contra as gasolineiras sen traballadores apoiadas pola Xunta
COGAMI e Unión de Consumidores de Galicia demandan que as estacións de servizo contraten persoal e garantan os dereitos dos usuarios con discapacidade. Nove comunidades autónomas prohiben as gasolineiras sen empregados, defendidas polo Goberno galego como una forma de abaratar prezos
"A praga da velutina vai nun bólido e as institucións van detrás nun carro de vacas"
AGA calcula que xa hai 100 mil niños de avespa asiática, que segue a estenderse por Galicia. A entidade desenvolveu unha trampa eléctrica -alimentada con placas solares- para loitar contra ela e ofrece instrucións para que as persoas interesadas a constrúan nas súas casas. Falamos co seu voceiro, Xesús Asorey
Canido fai un chamamento a Banksy para que veña pintar unha 'Menina'
Nos días previos á celebración deste festival de arte urbana, que terá lugar en Ferrol o 2 e 3 de setembro, comezaron a aparecer en xornais de toda Europa apelacións ao enigmatico artista para que se achegue á cidade naval. Falamos con Eduardo Hermida, organizador do evento.