O Co-Lab sentou as bases para a creación do primeiro laboratorio cidadán de Galicia
Case un cento de persoas traballaron durante dous días na Coruña no deseño de varios proxectos concretos e na conformación dun espazo de acción conxunta de movementos sociais, entidades locais, administración e academia.
María Xosé Agra: "O feminismo, por partir dende as marxes, pode situar os problemas nun contexto distinto"
ENTREVISTA A catedrática de Filosofía Política vén de publicar ¿Olvidar a Clitemnestra?: sobre justicia e igualdad (USC), no que reflexiona sobre o sentido da xustiza e a igualdade, despregando interrogantes ante o desconcerto, os medos, as incertezas e vulnerabilidades do mundo contemporáneo
Co-Lab: Un laboratorio para construír cidade dende o colectivo
ENTREVISTA Un cento de persoas participarán este xoves e venres na Coruña nun Obradoiro Aberto que porá a bases dun Laboratorio Cidadán estable, un espazo de encontro de movementos, institucións, saber académico e activistas que servirá como xerador de coñecemento e transformación social. Falamos coa concelleira Claudia Delso
María Ferreiro: "As mulleres do rural sofren máis illamento e vulnerabilidade económica"
ENTREVISTA O SLG organiza este sábado en Bergondo unhas xornadas contra as violencias machistas, que dan continuidade a unha serie de obradoiros que o sindicato realizou con mulleres labregas en varias comarcas do país. Falamos con María Ferreiro, responsable da Secretaría das Mulleres
8 anos de feminismo dende A Mariña
O Observatorio da Mariña pola Igualdade recibiu esta fin de semana o Premio da Crítica de Galicia, na categoría de Iniciativas Culturais. Falamos con Lisa Pérez Vázquez, unha das súas responsables
"Os músicos asumen máis o seu papel de artista que o de traballador"
ENTREVISTA Falamos con Xosé Ramón Santomil, dirixente do Sindicato Galego da Música nos anos 80, sobre a importancia do convenio asinado o pasado venres, e a evolución nas últimas décadas dos dereitos laborais dos e das integrantes das orquestras
O "carballo maior do reino", en perigo
AnovaTerra denuncia o estado de abandono desta árbore senlleira, situada na parroquia pontevedresa de Mourente. Con máis de 400 anos de historia, baixo as súas pólas celebráronse xuntanzas preparatorias do alzamento liberal de 1846, e o Padre Sarmiento ou Castelao fixeron referencia a ela.
José Gusmão: "En Portugal estámoslle amosando á xente que se poden lograr cousas"
O economista do Bloco de Esquerda, que participou nas negociacións con PS e PCP, participou en Madrid xunto con Yolanda Díaz no acto “Que pasa en Portugal?: O acordo de goberno do que ninguén fala”
Alicia Puleo: "As mulleres son as primeiras vítimas do deterioro medioambiental"
ENTREVISTA Ourense acolle este venres e sábado unhas xornadas internacionais de formación para mulleres, organizadas por AGEe e coa vista posta na celebración do 25N. Entre as activistas e pensadoras que participan está a filósofa ecofeminista Alicia Puleo, coa que falamos
As orquestras de verbena contan, por vez primeira, cun convenio colectivo
O acordo foi asinado este venres por representantes de CIG, CCOO, UGT e CSIF e dotará a case 5 mil traballadores e traballadoras de dereitos laborais básicos dos que ata agora carecían. Falamos con Teté Pérez Pardo (CC.OO.), que o cualifica de "histórico"
José Sanclemente: "O oficio dos magos é enganarnos, mentres que os xornalistas deben descubrir a verdade"
ENTREVISTA O autor catalán presenta este xoves en Compostela a súa última novela, Ilusionarium, na que a maxia e o xornalismo xogan un papel central, nun xogo de espellos sobre o que se oculta e o que se amosa.
"Non esperabamos un nivel tan alto de concentración na contratación da obra pública"
Este mércores presentáronse os resultados do proxecto ¿Quién cobra la obra?, que investiga que construtoras foron beneficiadas polos contratos de obra pública adxudicados en España dende o 2009. As 10 maiores empresas recibiron o 70% dos cartos. Falamos coa súa directora, Eva Belmonte