Concellos e sindicatos critican a pasividade da Xunta na loita contra a couza da pataca
O Ministerio de Agricultura podería prohibir nos vindeiros días plantar pataca nas zonas afectadas, 31 concellos en Galicia, maioritariamente zonas de autoconsumo. Porén, de momento o Goberno galego só obriga a destruír os tubérculos danados e impide a súa comercialización.
Homenaxe á 'Comisión dos 16' e ao Estatuto que non chegou a ser
O Parlamento concederá en abril a súa medalla aos dezaseis políticos que redactaron o anteproxecto do actual texto estatutario, un documento moi participado que sufriu grandes recortes en 1979 no Congreso, e que finalmente foi recuperado na súa maior parte a través do Pacto do Hostal.
Ferrol busca reverter coa peonalización a crise poboacional e comercial do seu centro
O Concello lanza a súa proposta para limitar o tráfico rodado no seu centro histórico, seguindo o camiño aberto por cidades como Pontevedra ou Compostela. O obxectivo do proceso, en fase de debate, é revitalizar a urbe e frear o deterioro do Barrio da Magdalena, cun 40% de vivendas e locais comerciais baleiros
"Sen dar resposta ás necesidades materiais, é dificil que a esquerda chegue á xente"
ENTREVISTA O xornalista Esteban Hernandez presentou en Vigo e Pontevedra o seu último libro, Los límites del deseo. Instrucciones de uso del capitalismo del siglo XXI (Clave intelectual).
O MGSM responsabiliza os recortes da morte dunha paciente en Conxo
Unha muller suicidouse e outra doente denunciou unha agresión sexual. O Movemento Galego da Saúde Mental sinala que a diminución de recursos e persoal compromete a calidade asistencial e a seguridade dos e das usuarias e reclama a adopción de medidas.
Muller e xubilada: ao borde do limiar da pobreza
As pensionistas galegas cobraban a finais de 2015 unha media de 594 euros ao mes, fronte ao 940 euros dos varóns. O importe medio das pensións de xubilación femininas non pasa dos 632 euros e as de viuvez fican nos 552.
"Estar no rural non implica que te teñas que dedicar só a facer feiras gastronómicas"
ENTREVISTA A vindeira fin de semana celébrase unha nova edición do Laboratorio Audiovisual de Vedra, que celebra o seu 10º aniversario. Neste tempo pasaron polos cursos do LAV máis de 1.500 alumnos e alumnas, dende profesionais a xente que buscaba iniciarse. Falamos con Abelardo Rendo (Asociación Senunpeso)
13 concellos aínda non remitiron os seus datos de 2015 ao Consello de Contas
Estas localidades expóñense a perder o dereito a recibir subvencións da Xunta, tal e como establece un decreto de 2011, de non presentar a información económica á que están obrigadas.
"Por primeira vez personaxes gais ou lésbicos son o centro dun filme galego"
ENTREVISTA Falamos con Lázaro Louzao, director de Nove de Novembro, a primeira longametraxe de temática LGTB en galego, que busca financiamento a través dunha campaña de microachegas. Gravarase este verán para estrearse en 2018.
A UNED da Coruña anula, tralas protestas, un curso de astroloxía
A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e outras catro entidades publicaran unha carta aberta criticando que a institución universitaria acollese "actividades contrarias á razón e a ciencia"
5 veciños da comarca do Ribeiro, homenaxeados no 80 aniversario do seu asasinato
Entre eles está Benito Gallego, derradeiro alcalde republicano de Ribadavia. O acto terá lugar este xoves no cemiterio de San Francisco (Ourense), onde foron fusilados e tamén en camposantos de Quins (Melón) e San Paio de Ventosela (Ribadavia)
Domingos Merino: a derruba dun alcalde e dun modelo de cidade
En febreiro de 1981, hai 36 anos, o rexedor presentou a súa dimisión, trala retirada do apoio por parte do PSOE e unha forte campaña dos grupos de poder locais e dos dous xornais herculinos, que dous anos máis tarde levaron a Francisco Vázquez á súa primeira maioría absoluta.