Ferrol construirá un memorial ás vítimas do franquismo na comarca
A moción foi aprobada co apoio de todos os grupos, agás do PP, que se abstivo. A iniciativa foi presentada no pleno municipal polo historiador Bernardo Maiz, que destaca que en Ferrolterra, Ortegal e Eume o réxime franquista asasinou unhas 900 persoas entre 1936 e 1975
Redondela retira unha exposición do Colectivo Republicano tras recibir queixas policiais
A mostra Criminalización do pensamento, impulsada polo Colectivo Republicano, amosaba imaxes da actuación de antidisturbios nos anos 80 e na actualidade. A UFP, primeiro, e a propia Policía Nacional despois, protestaron ante o Concello, que de inmediato quitou as fotografías do Multiusos da vila. Falamos con Marcos Lareira, secretario da entidade organizadora
"A Lei de Iniciativas Empresariais pode acabar co rural"
Unha vintena de entidades sociais traballa contra o reloxo buscando informar e mobilizar a sociedade ante a denominada Lei de Depredación de Galicia, que se votará o 17 de outubro no Parlamento. Falamos con Nela Abella (Contraminacción) e Margarida Prieto (SLG) sobre os efectos que terá esta norma.
Máis de media Galicia, en alerta pola seca
A demarcación hidrográfica Miño-Sil e case un terzo da Galicia-Costa entrarán neste nivel de vixilancia ante a ausencia de precipitacións e o baixo nivel de ríos e encoros. De momento non haberá restricións para o consumo.
"Na Costa da Morte, tan marcada pola emigración, nunca se fixo unha reflexión colectiva sobre ela"
Vimianzo acolle a vindeira semana un congreso internacional sobre "Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea", realizado en colaboración coa UDC. Forma parte dun proxecto europeo que Vimianzo comparte con localidades italianas, polacas, portuguesas eslovacas e do Reino Unido
Unha sanción da Xunta obriga a Cuac a deixar de emitir en FM despois de 21 anos
O Goberno galego podería multar a emisora comunitaria coruñesa con entre 100 mil e 200 mil euros por carecer de licenza. A radio continuará a súa actual actividade en Internet e fai un chamamento á sociedade a "defender o seu dereito a unha comunicación libre, democrática e plural"
O tren de proximidade da Coruña xa ten as vías, falta a "vontade"
A Plataforma en Defensa do Tren A Coruña – As Mariñas iniciou unha campaña na rede para informar das infraestruturas ferroviarias existentes na comarca que, en boa medida, están infrautilizadas. "Para ter un tren de cercanías tan só fai falta vontade política, porque non sería necesario un grande orzamento", din
Denuncian que os abortos terapéuticos seguen sendo transferidos a Madrid
A MMM convoca unha concentración na Coruña para sinalar que despois de dous anos de reclamacións "nada se fixo" e o CHUAC segue sen practicar interrupcións do embarazo no segundo trimestre por malformacións do feto. Este xoves celébrase o Día de Acción Global por un Aborto Legal e Seguro
20 días para frear a rebautizada "Lei de Depredación de Galicia"
A 'Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais' debaterase o 17 de outubro no Parlamento. Unha vintena de entidades sociais chaman á mobilización contra unha norma que reduce os controis mediambientais na minaría ou nos sectores forestal e eólico e que rebautizan como "depredadora"
O Concello de Navia de Suarna pretende derrubar o edificio modernista máis singular da vila
A Casa Benedicto, unha antiga xastrería, non está catalogada a pesar do seu valor arquitectónico. Unha campaña nas redes demándalle ao Goberno local e á Xunta a paralización do derrube e a protección para o inmoble
Alumnado da Universidade de Vigo converterá en videoxogo unha novela de Saramago
O grupo de innovación docente ComTecArt das facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación, de Telecomunicacións e de Belas Artes impulsa o proxecto, que traballa sobre o libro A Viaxe do Elefante. Falamos con Beatriz Legerén, unha das coordinadoras da iniciativa
O novo intento de legalizar Porto Cabral "parte de intereses persoais"
Dende o inicio do verán está en marcha unha iniciativa lexislativa popular que demanda a consideración de proxecto supramunicipal para o centro comercial, para así evitar o trámite da elaboración do novo PXOM de Vigo. Falamos con Fernando Molares, representante dos comuneiros opostos ao proxecto