"Os avistamentos confirman Galicia como lugar privilexiado de alimentación de baleas"
Máis de 60 baleas, cinco delas azuis, foron avistadas na costa galega nos últimos dous meses polos investigadores do instituto internacional BDRI, con sede no Grove. Falamos con Bruno Díaz, un dos seus responsables. Vídeos no interior
"Neste sector as primeiras que fan unha folga son un exemplo a seguir"
As 65 traballadoras de Bershka en Pontevedra decidiron continuar coa folga que iniciaron hai xa unha semana. Cobran 130 euros menos que as súas compañeiras da provincia da Coruña. Falamos con Transi Fernández (CIG-Servizos), que subliña que a empresa teme que se produca un "efecto dominó" de reivindicacións noutras tendas.
"Os adolescentes teñen dereito a equivocarse e a poder reconducir as súas vidas"
ENTREVISTA | A Asociación Arela puxo en marcha un proxecto piloto na provincia da Coruña para conformar un banco de familias dispostas a convivir con adolescentes que están a cumprir unha medida xudicial. Falamos con Ánxela Álvarez Naya
"A un neno dálle igual de onde vén o Samaín, o que quere é pasalo ben"
ENTREVISTA | Ramón Domínguez é o autor de Violeta quere ser vampiro, un álbum ilustrado por David Sierra e editado por Xerais especialmente para estes días. Un libro no que os vampiros máis que dar medo "dan risa", destaca o seu autor.
O número total de horas traballadas en Galicia é aínda inferior ao dato de 2011
Aínda que a taxa de paro xa se sitúa por debaixo da de 2010, o número de ocupados/as é aínda menor que en 2011 e a precariedade no emprego, cun grande incremento dos contratos de menos dunha semana de duración, fan que as horas traballadas sexan moitas menos
"Investir máis en prevención do lume e noutro modelo para o rural permitiría cambiar a situación"
ENTREVISTA | Serafín González Prieto é presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, entidade que leva 36 anos analizando a problemática dos incendios forestais. Destaca que "a xente segue empregando o lume como ferramenta, pero cada vez son menos capaces de controlalo, pola súa idade e por unhas condicións diferentes do medio"
"Vigo é unha cidade moderna. Sería unha mágoa que perdese a posición vangardista"
ENTREVISTA | Daniela Sarraíno é a presidenta da Agrupación de Amigos do MARCO, entidade que reclama a continuidade do museo, ante as dúbidas xeradas pola intención de Abel Caballero de reformular o centro e pola ausencia de substituto para Iñaki Martínez Antelo, que abandonará a dirección o 20 de novembro.
O leve ascenso en lingua, libro e bibliotecas segue sen compensar o recorte dende 2009
O orzamento para 2018 presenta pequenos incrementos nestas áreas, algunhas da que se viron máis reducidas co regreso do PP ao poder. Porén, os fondos para normalización lingüística son un terzo dos existentes en 2009, o mesmo que as axudas para a edición de libro galego ou a adquisición de fondos bibliográficos para as bibliotecas
Ribadeo eliminará os eucaliptos na beira da súa ría
O Concello continuará coa política iniciada hai tres anos, que recibe un impulso a través dun proxecto europeo no que participa a USC. O Goberno municipal mercará terreos na ribeira para recuperar a vexetación natural destas zonas.
Os días de verán duplicáronse en Compostela dende 1950
Hai 65 anos a cidade tiña 30 días que superaban os 25 graos de temperatura máxima, mentres que hoxe son ao redor de 65. De igual xeito, o primeiro día de calor chegaba moito máis tarde (a finais de maio) que agora (a mediados de abril) e os outonos eran moito máis fríos. Son as conclusións dunha investigación que vén de publicar a USC.
Puertos négase a garantir que non privatizará parte dos peiraos da Coruña
O Concello cualifica como "decepcionante" a xuntanza mantida este martes co presidente do ente portuario estatal, José Llorca, ao que acusa de querer excluír ao Goberno municipal da toma de decisións sobre o futuro do espazo. A Autoridade Portuaria busca adiar a solución para o peirao de San Diego (o de maior tamaño) ata 2022
Dispáranse as denuncias por violencia de xénero: un 28% máis no último ano
Os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre do ano 1.780 denuncias por violencia de xénero, un 28,1% máis que no mesmo período do ano anterior. É o sexto trimestre de ascenso consecutivo, que deixa a cifra nas 20 denuncias diarias. Increméntanse tamén nun 53% as solicitudes de ordes de protección