A pesar da mellora dos datos de Povisa a espera cirúrxica media segue por riba dos 60 días
A Xunta investiu 5 millóns de euros o pasado ano co obxectivo de reducir as listas de espera que, con todo, superan aínda o límite fixado pola Lei de Garantías Sanitarias que lle permite enviar pacientes á privada. Descende a espera media para primeiras consultas pero aumenta o número de persoas agardando
"Estarmos na vangarda da biopsia líquida permitiralle á cidadanía acceder aos seus avances"
O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Hospital Clínico de Santiago de Compostela vén de lanzar unha campaña de crowdfunding buscando acadar medio millón de euros para desenvolver esta técnica de vangarda na investigación contra o cancro. Falamos co seu director, Rafael López.
Feijoo reivindica o valor do "sentidiño" no 35 aniversario da toma de posesión de Albor
O acto, celebrado no Parlamento, contou coa intervención do propio Fernández Albor a través dun vídeo. Tamén participaron Tomás Pérez Vidal, Aurelio Miras Portugal, Xerardo Estévez e Camilo Nogueira, deputados na primeira lexislatura autonómica.
O pleno compostelán pide por unanimidade que o aeroporto se chame 'Rosalía de Castro'
Todos os grupos apoiaron a declaración institucional impulsada por Compostela Aberta para instar a AENA e Ministerio de Fomento a aprobar o cambio de denominación. Centos de terminais en todo o planeta homenaxean escritores, políticos ou científicos, aínda que moi poucos deles son mulleres
"A Administración actúa de forma irresponsable ante o amianto"
Falamos cos médicos Carlos Piñeiro e Carmen Diego Roza sobre os riscos derivados da presenza deste material en milleiros de edificios de toda Galicia, de actualidade polo conflito do CEIP Ramón de la Sagra. Piñeiro insta a cumprir a normativa europea que pide a súa completa eliminación antes de 2030.
Saturación nas urxencias: "Non é a gripe, son os recortes"
Falamos con María Xosé Abuín (CIG), Ángel Cameselle (CC.OO.) e Manuel Martín (AGDSP) sobre as situacións de colapso que veñen sufrindo os hospitais galegos nas últimas semanas, sobre todo en Vigo, Pontevedra e Ourense, das que responsabilizan á falta de recursos e persoal e a unha mala planificación.
Galicia: Unha paisaxe de minas a ceo aberto?
Tres entidades ambientalistas denuncian que o borrador das Directrices da Paisaxe, actualmente en fase de exposición pública, recolle a posibilidade de que as Áreas de Especial Interese Paisaxístico acollan actividades extractivas sen máis limitacións que a redución do impacto visual
"O axente deu un paso atrás e gustaríanos que as políticas antisociais tamén o desen"
Unha rolda de prensa puxo fin ao peche de 48 horas na Parroquia do Cristo da Victoria e avaliou o proceso que rematou coa absolución de Diego Lores. Despois, veciños e veciñas de Coia levaron a cabo unha toma simbólica da rotonda, "onde todo comezou"
Diego Lores, absolto trala retirada da única acusación contra el
O policía municipal retirou os cargos, polo que o xuízo previsto para mañá non se celebrará. Para o activista, foi a mobilización social a que forzou o policía dar un paso atrás e "entrar en razón". O peche que se vén celebrando dende este domingo continuará ata mañá, xa como unha "celebración".
As bicis tamén son para Vigo
Alexandre Mouriño centrou o seu traballo de fin de carreira en Arquitectura no deseño dunha rede de vías para ciclistas na cidade que suma 52 quilómetros, conecta entre si todos os barrios e evita grandes pendentes. A metodoloxía empregada pode ser aplicada en calquera localidade.
Mar Barcón dimite como secretaria xeral do PSOE na Coruña, que segue sen portavocía
Propón que unha xestora se ocupe de dirixir o partido na cidade ata final de ano. O grupo municipal atópase partido en dous, con Silvia Longueira e Yoya Neira dun lado e, do outro, Barcón, Fito Ferreiro e José Manuel García, candidato do sector oficialista.
"Estamos fartas de discursos, de 'clics', pero escasas de experiencias corpóreas, de xuntarnos"
ENTREVISTA O martes 17 terá lugar o xuízo contra Diego Lores (Asemblea Aberta de Coia), acusado pola Policía Local de Vigo de atentado contra a autoridade, nun proceso no que a Fiscalía non viu indicios de delito. O domingo iniciarase un peche de 48 horas na Parroquia do Cristo da Victoria. Falamos con el sobre o xuízo e sobre a loita conta a instalación do Alfageme