Esixen á Xunta a activación dun Plan galego para o control da velutina ante o agravamento do problema
O SLG demanda á Xunta que "asuma as súas responsabilidades" e alerta de que a velutina constitúe "un grave perigo para a saúde das persoas debido á elevada presenza de niños". O sindicato advirte de que esta especie invasora provoca "unha merma importante na produción de alimentos, afectando gravemente á produción apícola, de froita e de viño"