O 90% dos novos casos de sida prodúcense por relacións sexuais sen preservativo
3.040 persoas morreron en Galicia dende 1984 por esta enfermidade, 44 o pasado ano. O SERGAS adevirte da importancia de non baixar a garda na protección e de buscar un diagnóstico precoz, que na maior parte dos casos non se está dando.
O tren de proximidade na Coruña custaría 1,2 millóns de euros ao ano
A Plataforma en Defensa do Tren organiza este sábado unha viaxe reivindicativa entre a cidade herculina e Ferrol para reclamar melloras no ferrocarril convencional. Leva anos promovendo propostas encamiñadas a dotar a área metropolitana de conexións axeitadas, máis frecuencias e novos apeadeiros
As subvencións públicas supoñen o 60,5% dos ingresos dos colexios privados galegos
No curso 2014-2015 esta achega ascendeu a un total de 243 millóns de euros. Os datos publicados polo INE non recollen aínda o incremento do 12% (30 millóns de euros) na partida que os Orzamentos da Xunta destinan aos convenios con centros de ensino concertados
O detido por queimar unha hectárea asando chourizos nos Blancos, libre tras 5 semanas no cárcere
Miguel M., o único dos detidos trala vaga de lumes que permaneceu en prisión, sairá este martes de Pereiro de Aguiar tras aceptar a Audiencia Provincial de Ourense o pagamento dunha fianza. A súa familia e amigos denuncian que a súa reclusión nas últimas cinco semanas respondeu ao obxectivo de ocultar as causas dos incendios.
Un estudo científico alerta de que reabrir a mina de Touro pode extinguir o salmón no Ulla
É a conclusión dun traballo realizado por seis investigadores e investigadoras das universidades de Vigo e Swansea e do CSIC, que analizaron o impacto da actividade mineira nos anos 70 e 80: o número de exemplares reduciuse notablemente e tamén o seu tamaño.
O Congreso debaterá reducir a idade de xubilación dos gardacostas pola dureza do seu traballo
En Marea leva á cámara -en colaboración coa CIG- unha Proposición de Lei para rebaixala ata os 59 ou 60 anos. Este servizo, específico de Galicia e formado por 150 persoas, realiza labores de salvamento e vixilancia en beneficio de mariñeiros e medio ambiente .
"Cando un non está cómodo na masculinidade dominante, comeza a cuestionarse cousas"
En Compostela funciona dende hai uns anos o Grupo de Homes Micromachinhos, que naceu como un espazo para debater os roles masculinos dominantes e promover procesos de autocoñecemento para mudalos. Falamos con José Expósito, un dos seus integrantes. E con Tareixa Ledo, que esta semana imparte alí un obradoiro para homes
"A falta de traballo ou a precariedade fan máis doado que unha muller poida sufrir violencia"
ENTREVISTA | Sara Berbel, especialista en políticas de igualdade de oportunidades, é dende o pasado ano directora xeral de Barcelona Activa, axencia de desenvolvemento local do Concello de Barcelona. Intervén este sábado en Compostela no maior encontro estatal da psicoloxía contra a violencia machista
"Temos que reflexionar sobre o papel que temos os homes na loita pola erradicación da violencia"
ENTREVISTA | Santiago Boira, profesor da Universidade de Zaragoza, participará este sábado nas IX Xornadas Estatais da Psicoloxía contra a Violencia de Xénero, que se celebran en Compostela, organizadas polo Colexio de Psicoloxía de Galicia. Centrará a súa intervención da construción de novas masculinidades
"A solución ao sexismo nos videoxogos pasa pola educación dende idades temperás"
ENTREVISTA | María Isabel Doval, profesora da Facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Vigo) é unha das coordinadoras das xornadas Videogamificación e sexualidades: identidades, xéneros e discursos interactivos, que se celebran a semana que vén en Ourense. Falamos con ela
"Vai haber un millón de visitantes, e se non facemos algo non imos ter As Catedrais"
O Plan Especial de Protección deste espazo natural situado no Concello de Ribadeo presentouse este martes na vila mariñá. Os seus responsables destacan que os actuais 600.000 visitantes anuais poderían chegar a un millón no 2021, ano Xacobeo, polo que urxe unha ordenación para garantir a "sostibilidade" do turismo.
Os tribunais ratifican o carácter comunal do terreo no que se construíu o Hospital Montecelo
A Audiencia Provincial de Pontevedra vén de ratificar o carácter veciñal do predio, que en 1971 foi cedido polo Concello de Pontevedra á Seguridade Social de maneira fraudulenta. A sentenza engádese a outras que nos últimos anos están confirmando a propiedade comunal de espazos espoliados pola administración.