O berro de "coas pensións non se negocia" encheu as rúas da Coruña
A manifestación convocada polas Marchas de Dignidade contou cunha participación moi numerosa, nun ambiente festivo e unha gran diversidade xeracional entre os e as participantes, que divididas en dúas columnas denunciaron as políticas do PP na Xunta e no Estado. Galería de imaxes no interior
AGTAMAR alerta da "burbulla do emprendemento" en Galicia
A Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar, integrada en UPTA, critica a precariedade no sector e destaca que o 80% das actividades enonómicas iniciadas non chegan aos dous anos de vida. O 20% dos traballadores e traballadoras é autónomo/a
"Rosalía practicaba a sororidade, sabía que as mulleres ou facían rede ou non tiñan nada que facer"
DÍA DE ROSALÍA | ENTREVISTA Falamos con Encarna Otero sobre Rosalía de Castro, o seu feminismo e os aspectos da súa vida e obra nos que aínda é preciso afondarXermán Labrador: Transición, contracultura e os fíos invisibles da historia
Profesor en Princeton, ofreceu este xoves unha conferencia en Compostela, no Foro CEA organizado pola USC e o grupo Histagra. Nas súas investigacións afonda no papel dos movementos sociais e da cultura na construción da memoria das sociedades
"A consigna era marxinar a Maruxa e Coralia ata deixalas morrer de fame"
ENTREVISTA A xornalista Áurea Sánchez busca 100 mecenas para publicar Las Marías de Santiago (Libros.com), un libro que percorre a historia das irmás Fandiño Ricart, convertidas xa "nun símbolo da cidade", representando "a xente do común, a xente de Santiago de toda a vida"
"As pensións públicas son un tema que afecta a todo o mundo e non só á xente maior"
As Marchas da Dignidade volven á rúa este sábado en defensa das pensións e dos servizos públicos. A Coruña acollerá unha marcha baixo o lema Coas nosas pensións non se negocia. Falamos con Santi Lamelo
Amnistía Internacional denuncia o bloqueo español á acollida de refuxiados
A entidade presentou na Coruña o seu informe anual, que alerta de numerosos incumprimentos dos dereitos humanos e civís en España, sobre todo no caso das persoas que piden asilo.
A Xunta espera aprobar no 2017, con tres anos de atraso, o decreto que regula a RISGA
A Consellaría de Política Social manterá de momento o criterio dunha soa perceptora por domicilio, aínda que sinala que analizará a recente sentenza xudicial que validou a convivencia de varias beneficiarias por se a actual política "puidese ser obxecto de revisión"
Apenas o 18% dos nenos e nenas aprende a falar en galego
Este martes celébrase o Día Internacional da Lingua Materna. As últimas cifras publicadas polo IGE en 2013 espertaron a voz de alarma ante a perda de falantes na mocidade e na infancia. O 39% dos pais e nais fálalles sempre en castelán e outro 22% usa máis o castelán que o galego.
Os concellos demandan ao Goberno central que lles permita acoller refuxiados
No último ano e medio España reubicou e reasentou só a 1.100 vítimas da guerra en Siria, unha décima parte da cifra comprometida. Os alcaldes e alcaldesas da Coruña, Madrid, Barcelona, Valencia e Zaragoza remitíronlle en decembro a Rajoy unha carta que non tivo resposta.
Piden unha moratoria do eucalipto en Galicia e a aplicación dunha ecotaxa
A plataforma Stop eucalipto, avante carballo! pide que se aplique a medida adoptada en Portugal e denuncia que a política do Xunta só favorece os produtores de madeira en prexuízo de agricultores, cazadores e outros colectivos. Propoñen unha ordenación efectiva do monte
"O desabastecemento de vacinas ten efectos negativos sobre a valoración da sanidade pública"
Problemas no subministro da vacina contra o tétano obrigan a Xunta a impoñer restricións, que se unen ás rexistradas nos últimos meses na inmunización contra a tose ferina, que se solventarán ao longo de 2017. Falamos con José Antonio Taboada, xefe de servizo de control de enfermidades do SERGAS