Dinahosting: "O uso do galego dános proximidade e permítenos diferenciarnos"
A empresa compostelá de rexistro de dominios e hosting leva 15 anos medrando de forma constante. Hoxe suma case un cento de traballadores/as e unha facturación anual de 13 millóns de euros e sempre empregando a lingua galega con total naturalidade e sen complexos.
Edo Bazzaco: "Non só hai que responder aos discursos de odio na rede, hai que xerar unha narrativa diferente"
A pasada semana comezou o curso online impulsado por Ecos do Sur para formar ciberactivistas en Galicia contra o discurso do odio xenófobo e contra minorías. Falamos con Edo Bazzaco (SOS Racisme), un dos docentes desta iniciativa.
"O obxectivo non só é salvar as árbores, senón acadar un Xinzo máis humano"
A plataforma Amigos das Árbores da Limia conseguiu que Concello e Xunta modificasen o proxecto inicial de reforma dunha rúa que incluía a corta de 54 árbores centenarias. Falamos cunha das súas activistas, María Losada
Os ventres de alugueiro: A nova fronteira da mercantilización?
Os colectivos feministas posiciónanse con claridade no debate sobre a chamada xestación subrogada, alertando de que abriría a vía á explotación dos corpos das mulleres pobres en todo o planeta. Falamos con Carmen Cajide (Rede Galega pola Igualdade) e Sabela Carballo (Marcha Mundial das Mulleres)
Condenan a Xunta por unha "actuación terceiromundista" nunha queima controlada que arrasou 475 hectáreas
A Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG obriga a Medio Rural e a SEAGA a indemnizar con 180.000 euros a unha comunidade de montes e a unha sociedade de cazadores por un incendio que o servizo público de loita contra o lume provocou en 2011 en Bande e Verea
"É importante que a xente non esqueza como era a zona antes da chegada de ENCE”
Esta semana estreouse en Pontevedra o documental Paraíso Roubado, un filme dirixido por Lukas Santiago e producido pola APDR, que recolle a memoria da zona de Lourizán e a loita da veciñanza contra a instalación da industria pasteira e os seus efectos.
Silvia García: "Cómpre desfacer estereotipos sobre o rural que están moi arraigados"
A decana da facultade de Belas Artes de Pontevedra ofreceu en Madrid un obradoiro sobre os imaxinarios sobre a zona rural creados polos libros de texto publicados durante o franquismo.
18 concellos mudaron a persoa á fronte da Alcaldía dende maio de 2015
MAPA INTERACTIVO Narón unirase a esta lista en setembro, momento no que o seu actual rexedor, José Manuel Blanco, abandonará o cargo. 7 mocións de censura, 4 dimisións por causas xudiciais e 7 nomeamentos para outros postos, entre os motivos das remudas
A Coruña clama na rúa contra a privatización da súa fachada marítima
Unhas 4.000 persoas maniféstanse pola devolución gratuíta ao Concello dos terreos portuarios e contra a especulación nunha xornada multitudinaria, festiva e reivindicativa polo espazo público para o litoral.
Despois de que a Xunta cambiase a lei, regresa o proxecto de megaplanta de biomasa en Curtis
Os seus impulsores cambian o nome, de Renova a Greenalia, pero manteñen as características da instalación, que necesitaría queimar 546.000 toneladas anuais de eucaliptos e outro material vexetal
Joaquín Estefanía: "Os principais perdedores desta crise son as persoas novas"
O xornalista e economista inaugura o Foro de debate Radio Coruña presentando o seu último libro, Abuelo, ¿cómo habéis consentido esto?, no que afonda na fenda xeracional provocada polo "menosprezo pola mocidade" e a "distribución desproporcionada na súa contra dos custos da crise"
"Queremos A Coruña enteira, sen vender en anacos"
A Comisión Aberta en Defensa do Común presentou a manifestación convocada para este domingo reiterando a súa demanda de que todos os terreos portuarios sexan cedidos gratuitamente ao Concello e pedindo a celebración da consulta popular aprobada polo pleno municipal. 70 entidades apoian a mobilización.