O 46% das galegas le libros habitualmente, fronte ao 34% dos homes
Os datos do IGE amosan que as mulleres optan, sobre todo, polas novelas, mentres que os varóns consumen máis obras de divulgación e de banda deseñada. Elas van máis ao teatro e a exposicións; eles navegan máis por internet e acoden en maior medida a espectáculos deportivos, concertos e a bares.
Outro Día das Mulleres á procura da igualdade real
Cidades e vilas de toda Galicia acollen este mércores 8 de marzo un bo número de actividades ao redor do Día Internacional da Muller.
"Compostela pode explicarse historicamente a partir dos crimes que produciron na cidade"
ENTREVISTA O xoves 16 e venres 17 o xornalista Manuel Gago guiará un roteiro polas rúas de Santiago, amosando os lugares nos que se produciron algúns dos asasinatos que ficaron no imaxinario popular. Será unha das actividades do Festival Atlántica de Narración Oral.
"Somos estudantes, non temos outra maneira de protestar. Hazte Oír pode mercar un bus"
Antía e Mario, alumna e alumno da USC, foron condenados a 3 meses de cadea polo escrache realizado en 2015 ao profesor Domingo Neira, que volvera dar clase tras unha leve sanción polas súas declaracións homófobas nas aulas. Antía, coa que falamos, anuncian que recorrerán a sentenza
12 concellos converteranse este sábado en 'cidades acolledoras' de persoas refuxiadas
Amnistía Internacional realizará actos na Coruña, Compostela, Ribeira, Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo, onde cada localidade anunciará o número de persoas refuxiadas que se compromete a acoller, nunha forma de presionar ao Goberno central. O Barco, Manzaneda, A Peroxa, Teo e Rianxo tamén ofrecerán prazas de asilo.
A Deputación da Coruña pide a anulación do espectáculo de Jorge Cremades por "machista"
O monologuista ten programadas actuacións en Vigo (24 de marzo) e A Coruña (25 de marzo). Na cidade herculina será no Teatro Colón, cuxos responsables aseguran que "por contrato" non poden retirar o evento. Elxe, Xixón e Bilbao suspenderon as súas representacións nas últimas semanas.
Os concellos tamén convocan referendos
Este martes o Concello da Coruña fixo pública a súa intención de convocar unha consulta cidadá "sobre o futuro dos terreos do bordo litoral da cidade". Localidades de toda España celebran votacións deste tipo con relativa frecuencia dende 1985.
"O software libre é unha oportunidade que estamos desaproveitando en Galicia"
ENTREVISTA Falamos con Juan José Sánchez (Igalia) sobre os proxectos que a empresa galega presentou esta semana no Mobile World Congress de Barcelona
Só 20 concellos teñen máis menores de 20 anos que maiores de 65
En 1998 eran 87 as localidades con máis poboación moza que por riba da idade de xubilación. Mapas interactivos no interior, cos últimos datos por localidades publicados polo IGE o pasado venres, correspondentes a 2016
"En Galicia temos canteira tecnolóxica, pero cómpre máis financiamento"
ENTREVISTA Falamos con Iago Varela (Mallando no Android), que estes días se atopa no Mobile World Congress, sobre as novidades que se están a presentar no evento, as principais tendencias no sector e a presenza galega na feira
“Non son un refuxiado, son un ser humano e necesito ser tratado como tal”
ENTREVISTA Ahmad é un carpinteiro sirio de 31 anos que chegou hai meses á Coruña dende os campos gregos. Aquí atopou unha familia pero segue á espera de ver recoñecido o seu dereito de asilo. "A xente está agardando a que o Goberno español tome decisións", denuncia.
As sete cidades galegas suman case 90 mil vivendas baleiras
O Censo de 2011 recollía case 300 mil casas deshabitadas, unha de cada catro construídas na década anterior, e 247 mil inmobles utilizados como vivenda secundaria. 62 concellos teñen máis dun 25% de casas non ocupadas. Mapas interactivos no interior