O PP rexeita acudir á constitución do Consello da Memoria Democrática da Coruña
Este mércores botou a andar o ente consultivo, que traballará para "garantir a xustiza e a reparación". Impulsado polo concello, participan PSdeG e BNG, ademais da Universidade e entidades memorialistas. A súa primeira tarefa será analizar a situación da Casa Cornide, en mans da familia do ditador Francisco Franco.
Morre Domingos Merino, o alcalde que quixo facer da Coruña "un faro para Galicia"
Tiña 78 anos de idade. Tralo paso pola alcaldía, foi deputado no Parlamento galego en tres ocasións e Vicevaledor do Pobo ata a súa retirada en 2012 por motivos de saúde.
Só 293 pais galegos compartiron o permiso de maternidade en 2017
Son 70 menos que en 2016 e representan o 2,1% do total. Tamén son minoría (só 132) os varóns que solicitaron unha excedencia. Iso si, 12.972 homes (un 10% máis que en 2016) accederon en Galicia ao novo permiso de paternidade, de 4 semanas, a pesar de que o número de nacementos foi menor
O Courel volve quedar cun só médico para dous centros de saúde
"Falan de achegar a sanidade ao paciente, pero están a achegala á privatización", denuncia Óscar Carrete, concelleiro de Caurel Vivo, que subliña que unha e outra vez se reproduce o mesmo problema cada vez que algún dos sanitarios colle días de vacacións ou está de baixa.
Camilo Díaz Baliño, o deseñador que buscou a redención de Galicia a través da arte
O pintor e escenógrafo protagoniza este ano o Día da Ilustración. Buscou revivir e reinventar os símbolos e os mitos que dan forma á identidade galega na súa numerosa e diversa obra. Foi asasinado en 1936. Este martes inaugúrase na Cidade da Cultura unha exposición dedicada á súa traxectoria.
Un recorte nas axudas da Xunta deixa no aire dez prazas de atención a persoas con síndrome de Down
Down Galicia deixará de recibir 176 mil euros, necesarios para prestar servizos de inserción laboral, inclusión escolar ou de fomento da vida independente. Delmiro Prieto, presidente da entidade, salienta que aínda están a estudar os efectos da redución de fondos, que obrigará a limitar os seus servizos.
Álvaro Gago: "Quedan moitas historias de mulleres por contar no cine"
ENTREVISTA | O cineasta foi premiado a pasada semana en Sundance pola súa curta Matria, galardoada xa na Seminci ou nos festivais de Cartaxena ou Alcalá de Henares. O filme acompaña un día na vida de Ramona, traballadora nunha conserveira. "Non estamos afeitos a ver este tipo de historias na pantalla. Son mulleres silenciadas, invisibles", di
Revolta das Pedradas, 1918: O día que a fame puido máis que o medo
REPORTAXE | Varios concellos da comarca de Ferrolterra están a celebrar o centenario dunha mobilización popular, labrega e obreira motivada polo incremento dos prezos dos produtos de primeira necesidade e que rematou con -cando menos- nove mortes e a intervención do exército.
"Twitter é un bo termómetro pero un mal espello da realidade"
ENTREVISTA | Xabier Rolán, profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra (Uvigo), defendeu hai un ano a súa tese de doutoramento, que analiza o uso que os distintos partidos e candidaturas fixeron desta rede social nas eleccións municipais de 2015.
Oito autoestradas construídas á vez que a AP-9 volverán á xestión pública nos próximos anos
Burgos-Eibar (2018), Sevilla-Cádiz (2019), Tarragona-Alacante (2019), Zaragoza-Barcelona (2021) e La Jonquera-Tarragona (2021), en funcionamento dende os anos setenta ao igual que a vía galega, rematarán a súa concesión nos tres vindeiros anos. En cambio, Audasa seguirá cobrando peaxe ata o 2048.
Galicia acollerá o campionato de España de caza do raposo, de novo envolto na polémica
Celebrarase o 3 de febreiro nun espazo situado entre os concellos de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada. Libera, En Marea e BNG critican o apoio económico da Xunta a estas prácticas e piden a suspensión da competición, que non estaría amparada pola Lei de Caza, segundo as entidades denunciantes.
"O actual modelo forestal da Xunta só favorece a colonización dos montes por especies pirófitas"
A ILP para a defensa do Bosque Autóctono, que debe recoller 10 mil sinaturas antes do 24 de marzo, foi presentada ese martes en Lugo e nos vindeiros días realizará actos semellantes na Coruña, Ferrol e Lalín. Aposta por unha moratoria para o eucalipto, maiores faixas de separación e unha aposta polos outros usos do monte. Falamos con Roi Cuba (Cousa de Raíces)