Máis da metade dos concellos galegos teñen máis pensionistas que traballadores
Son 167 as localidades con máis pensionistas que cotizantes, fronte a 145 con máis cotizantes. 11 concellos, todos eles da provincia de Ourense, teñen xa o dobre de pensionistas. Esta situación dáse nun momento no que o futuro das pensións públicas está en dúbida.
As novas pensións de xubilación levan catro anos conxeladas en Galicia
As persoas que hoxe se xubilan perciben a mesma cantidade que as que se xubilaron en 2013, algo que nunca sucedera. No periodo 2008-2013 a contía media das pensións contributivas crecera 240 euros.
Ribadeo multará os propietarios que incumpran a obriga de arrincar os eucaliptos próximos a vivendas
O Concello identificou 700 parcelas que neste momento non están a xestionar de forma axeitada a biomasa vexetal nas faixas de protección, fixadas e 50 metros ao redor de edificacións. Dálles ata o 1 de xuño para cumprir a lei e demanda nunha carta remitida a Núñez Feijoo a colaboración da Xunta para aplicar a súa propia lei.
Emilio Cao: "A xustiza neste país é cada vez máis un significante baleiro"
ENTREVISTA | O vindeiro 19 de marzo este mozo do Carballiño será xulgado en Madrid, acusado de "agresión e atentado á autoridade" durante as cargas policiais contra a manifestación das Marchas da Dignidade en 2014, cando tiña 17 anos. Salienta que a acusación non modificou a súa vida: "Sigo estudando, sigo militando politicamente e manifestándome"
12 gráficos que explican os motivos da folga feminista do 8 de marzo
Fenda salarial, contratos máis precarios ou o traballo de coidados desigualmente repartido están entre as razóns que xustifican a convocatoria, que tamén incide nas múltiples violencias que sofren as mulleres, tanto no ámbito da parella coma no espazo público
A Xunta denégalle unha pensión de invalidez a unha emigrante retornada de Venezuela cunha discapacidade do 73%
Política Social escúdase en que a muller, de 61 anos e residente na Coruña, ten recoñecida unha pensión por parte de Caracas "con independencia de que sexa efectiva ou non na actualidade". Porén, a realidade é que leva dous anos sen poder cobrala e neste momento carece de ningún outro ingreso.
A velutina seguirá estendéndose este ano en varias comarcas da Coruña e Pontevedra
Un modelo matemático desenvolvido pola USC prevé que a presenza da vespa asiática sexa máis frecuente en Bergantiños, Xallas, Terra de Soneira, Sar, A Barcala, Caldas e Pontevedra
Aparece na Serra do Cando outro lobo cazado de forma ilegal
O cadáver do animal foi atopado nun lugar do concello de Cerdedo-Cotobade. ASCEL, ADEGA e GEAS denuncian que a Xunta "está a actuar dunha maneira moi permisiva coa persecución ilegal que sofre o lobo"
Os concellos costeiros concentran a maior parte dos 4.630 pisos turísticos rexistrados en Galicia
A Xunta revelou este luns os datos por localidades, esixidos polo PSdeG-PSOE dende o pasado mes de outubro. Sanxenxo, con 1.117 inmobles suma unha cuarta parte do total, e Santiago, Barreiros, O Grove ou Foz acumulan un número tamén importante. En varias vilas do litoral este tipo de aloxamentos xa ofrecen máis prazas que os hoteis ou pensións.
Domingos Merino: Adeus ao amigo, ao alcalde, ao veciño de Monte Alto
O ex-rexedor coruñés foi homenaxeado no Salón de Plenos do Concello, ante ducias de amigos, familiares e unha gran representación dos seus compañeiros e compañeiras na vida política. Ao longo do día centros de cidadáns e cidadás pasaron ante o seu féretro para despedilo. Será soterrado no cemiterio civil de San Amaro.
O PP queda só no seu apoio ao Campionato de Caza do Raposo
Partidos da oposición, entidades ecoloxistas e animalistas e o Goberno provincial de Pontevedra posiciónanse contra a celebración da batida, prevista para este sábado en Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada. "No século XXI, as cazarías non poden ser asumidas por unha sociedade que respecta os animais", sinala Carmela Silva, presidenta da Deputación
25 anos sen Moncho Valcarce, o home que "logrou facer tanto porque nunca deixou de ser un máis"
VÍDEO | Este xoves inaugurouse na Coruña unha placa na casa natal do Cura das Encrobas, finado o 1 de febreiro de 1993. No acto de homenaxe, Ramón Muñiz (presidente da Irmandade Moncho Valcarce), destacou que "para el, dende a súa fe, a resignación non era unha opción".