Ames planta mil árbores 'bombeiras' para frear os incendios
O proxecto inclúe a plantación de castiñeiros, abeleiras, nogueiras e cerdeiras en 37 leiras da parroquia de Piñeiro. "Somo un dos poucos concellos galegos nos que se aposta por unha política activa de prevención, dando valor ao monte", salienta o concelleiro de Medio Ambiente, Javier García
"Queremos ter as mesmas posibilidades que os que van a colexios privados"
VIDEO | Unha representante da Anpa do CEIP de Calo realizou unha contundente e emocionante intervención no pleno municipal de Teo para denunciar a supresión dunha profesora no ciclo de Infantil. "Prímase o aforro, non a calidade do ensino", sinalou na defensa dunha moción finalmente aprobada
A emigración de mocidade galega a outras comunidades mantense en niveis máximos
Nos últimos tres anos Galicia viu marchar a outros territorios do Estado a case sete mil menores de 45 anos máis dos que chegaron ou regresaron. En cambio, mellora o saldo migratorio co estranxeiro entre as xeracións máis novas, e é positivo por primeira vez dende o 2011.
Para a Comisión Europea, as medidas da Xunta "dificilmente erradicarán" a couza da pataca
O comisario de Saúde e Seguridade Alimentaria respondeu así á pregunta formulada pola eurodeputada Lidia Senra (AGEe). Sinala que as actuacións si poden "conter a súa propagación natural" e afirma que a UE "podería considerar a adopción de medidas de emerxencia"
A Coruña mira a Valencia e Bilbao como exemplo de recuperación dos terreos portuarios
Os responsables das entidades que xestionan a transformación dos antigos espazos nas dúas cidades -Vicent Llorens e Ángel Nieva- amosaron as claves de ambos os dous procesos no Foro Radio Coruña, no que tamén interveu o concelleiro Xiao Varela para detallar a proposta co Concello, que inclúe a creación dun Consorcio con todas as administracións implicadas.
"Non teñen a menor idea do que é o ensino, para eles é un gasto máis"
Falamos con Fernando Lacaci (Confederación de Anpas Galegas - Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público) e José Fuentes (CCOO - Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia) sobre a resposta da comunidade educativa á supresión de aulas e centros decidida pola Xunta.
A capacidade de gasto da poboación galega segue por debaixo do nivel previo á crise
En 2016, o gasto medio por fogar mesmo descendeu con respecto ao ano anterior. O gasto medio por persoa (10.606 euros anuais) crece lixeiramente, pero é menor que o dato que se rexistrou entre 2008 e 2011 e a fenda coa media española (11.312) increméntase
Un Día do Orgullo no camiño á igualdade: moito feito, moito por facer
Falamos con representantes de Ultreia, A.L.A.S e Arelas sobre a situación do colectivo LGTBI e o estado actual das súas reivindicacións
Galicia destina ás bibliotecas un euro menos por habitante que a media española
O financiamento das bibliotecas públicas galegas permanece case estancado nos últimos anos, pasando dos 8,25 euros por habitante de 2011 aos 8,54 de 2015. Bamad subliña que "os recortes orzamentarios están deixando servizos moi deteriorados que vai custar moito tempo recuperar"
"A escasa educación forestal existente non se dirixe á poboación que vive en zonas de risco"
ENTREVISTA | Unha tese de doutoramento -presentada o pasado venres na USC- subliña a importancia da formación para evitar os incendios en Portugal e critica a ausencia destas iniciativas nos últimos anos. Falamos con Pablo Meira, profesor de Educación Ambiental e co-director da investigación.
Elnosa inicia os trámites ante a Xunta para perpetuarse en Lourizán
A empresa solicitoulle ao Goberno galego o inicio dun Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal co obxectivo de eludir o control do Concello de Pontevedra. A APDR esixe o desmantelamento da factoría, que a partir de decembro xa non poderá empregar mercurio para a produción de cloro
"Certos comportamentos mal vistos non poden estigmatizar todas as persoas sen fogar"
ENTREVISTA | Falamos con Antón Bouzas, vogal do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia que xunto do Colexio de Xornalistas vén de criticar o tratamento que certos medios de comunicación dan ás persoas sen fogar, a partir dun caso en Santiago de Compostela