Unha parroquia de Valdeorras queda sen acceso por estrada pola acción dunha canteira
A OU-0807 a San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) leva 15 anos pechada ao tráfico por mor do seu mal estado, pero o actual risco de derrubamento obrigou á Deputación de Ourense a bloqueala cun quitamedos. O alcalde iniciou un peche na Casa do Concello esixíndolle ao Goberno provincial as obras que leva anos anunciando.
As denuncias por violencia de xénero acadaron o seu máximo histórico en 2017
Galicia rolda as 18 denuncias diarias, a cifra máis alta dende a aprobación da Lei Orgánica de 2004, cun aumento do 13% no último ano. Tamén se rexistrou un máximo anual no número de ordes de protección ás vítimas, cun incremento aproximado dun 38% con respecto ao 2016
"Tan inculta é a persoa de ciencias que non sabe de arte coma alguén de letras sen nocións de cultura científica"
ENTREVISTA | A divulgadora científica coruñesa Deborah García Bello vén de presentar o seu novo libro, Que se le van las vitaminas!, no que desmonta algúns mitos e ideas falsas sobre fenómenos que nos rodean. Falamos con ela sobre a fenda de xénero na ciencia ou os antivacinas
A elevada mobilización no 8M axudou a que moitas empresas garantisen o dereito a folga
Todos os sindicatos valoran positivamente o seguimento do paro feminista, a pesar dos obstáculos que -denuncian- moitas mulleres atoparon nos seus centros de traballo. Falamos con Margarida Corral (CIG), Ana Viqueira (CUT) e Rocío Sánchez (CNT)
O día despois do 8M: "Non é unha perrencha dunhas horas, isto obriga a facer cambios estruturais"
ENTREVISTA | Pedímoslle a María Montenegro (MMM), Luísa Ocampo (MNG) e Pilar Estévez (PFG) unha valoración da folga feminista deste xoves e a súa opinión sobre os pasos necesarios para a consecución dos obxectivos e demandas postas sobre a mesa.
As mulleres que construíron a cidade da Coruña: "Non somos ovellas, somos lobas de mar"
CRÓNICA | Un roteiro percorreu os espazos de traballo das pescantinas, redeiras ou cigarreiras, destacando a súa bravura e afouteza e o seu traballo incansable, fóra e dentro das casas. Galería de imaxes no interior
"As mulleres paramos para dicir: ata aquí chegou"
REPORTAXE | Falamos con cinco mulleres de distintos sectores que este xoves están a facer folga. Explican as súas razóns e amosan a súa esperanza en que a mobilización feminista sirva para remover conciencias, abrir debates e avanzar nunha transformación da sociedade.
A Galipedia chega aos 15 anos con optimismo e novos retos de futuro
REPORTAXE | A versión galega da Wikipedia naceu o 8 de marzo de 2003 e suma xa 146.000 artigos. Falamos cun dos seus administradores, Adrián Estévez, sobre as necesidades actuais da enciclopedia libre e os seus proxectos máis inmediatos. Ourense acollerá este sábado unha Wikimaratón que busca crear e mellorar biografías de mulleres.
Asembleas de traballadoras e estudantes estenden a folga do 8M na universidade
Nas universidades de Santiago e Vigo constituíronse asembleas de traballadoras e estudantes para apoiar a mobilización, con demandas específicas para os seus ámbitos. Piden rachar os teitos de cristal, loitar contra as agresións machistas e o acoso nos Campus ou introducir a perspectiva de xénero nos temarios.
Un tribunal desestima unha demanda de La Región contra un texto satírico sobre o xornal
A sentenza fai prevalecer o dereito á liberdade de expresión do seu autor, que no momento da súa publicación mantiña un conflito coa cabeceira a raíz do pagamento dos gastos de desprazamento de Fernando Arrabal dende París ata Ourense para participar nun acto público
Teño que avisar na miña empresa de que vou facer folga? 12 preguntas e respostas sobre o 8M
Ao tratarse dunha folga pioneira, nas últimas semanas xurdiron algunhas dúbidas sobre a convocatoria de paro laboral impulsada polo movemento feminista e legalizada polos sindicatos. Todas as traballadoras asalariadas teñen dereito a facer folga de 24 horas, en calquera ámbito e empresa, sen dar aviso previo e sen recibir represalias.
Máis de 30 vilas e cidades galegas acollerán mobilizacións feministas o 8M
O movemento feminista convoca concentracións e manifestacións ao mediodía e, sobre todo, a última hora da tarde. O éxito da marcha celebrada este domingo en Vigo augura unha elevada participación nos actos da xornada da folga xeral de mulleres. MAPA NO INTERIOR