O deserto da televisión local: Unha ducia de canles emite nas 57 frecuencias concedidas
Das licenzas de emisión concedidas pola Xunta en 2006, só unha cuarta parte está operativa. As empresas beneficiadas por aquel concurso prometeron un investimento de 42 millóns de euros e a creación de 1.500 postos de traballo, dúas previsións amplamente incumpridas.
"Os 4.000 dominios .gal poderían ser moitos máis. Pero comezan a verse e iso é importante"
ENTREVISTA | Falamos con Edita de Lorenzo, directora xeral da Asociación Puntogal, para que valore a traxectoria do dominio galego e os seus retos inmediatos
O día que Viana do Bolo se desculpou ante Carlos Casares
Nun pleno extraordinario, os grupos municipais aprobaron este xoves unha moción que "repudia" o seu cese como mestre en 1969 por motivos políticos e que supuxo, na práctica, a súa "expulsión da localidade".
Dinahosting: "O uso do galego dános proximidade e permítenos diferenciarnos"
A empresa compostelá de rexistro de dominios e hosting leva 15 anos medrando de forma constante. Hoxe suma case un cento de traballadores/as e unha facturación anual de 13 millóns de euros e sempre empregando a lingua galega con total naturalidade e sen complexos.
Edo Bazzaco: "Non só hai que responder aos discursos de odio na rede, hai que xerar unha narrativa diferente"
A pasada semana comezou o curso online impulsado por Ecos do Sur para formar ciberactivistas en Galicia contra o discurso do odio xenófobo e contra minorías. Falamos con Edo Bazzaco (SOS Racisme), un dos docentes desta iniciativa.
"O obxectivo non só é salvar as árbores, senón acadar un Xinzo máis humano"
A plataforma Amigos das Árbores da Limia conseguiu que Concello e Xunta modificasen o proxecto inicial de reforma dunha rúa que incluía a corta de 54 árbores centenarias. Falamos cunha das súas activistas, María Losada
Os ventres de alugueiro: A nova fronteira da mercantilización?
Os colectivos feministas posiciónanse con claridade no debate sobre a chamada xestación subrogada, alertando de que abriría a vía á explotación dos corpos das mulleres pobres en todo o planeta. Falamos con Carmen Cajide (Rede Galega pola Igualdade) e Sabela Carballo (Marcha Mundial das Mulleres)
Condenan a Xunta por unha "actuación terceiromundista" nunha queima controlada que arrasou 475 hectáreas
A Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG obriga a Medio Rural e a SEAGA a indemnizar con 180.000 euros a unha comunidade de montes e a unha sociedade de cazadores por un incendio que o servizo público de loita contra o lume provocou en 2011 en Bande e Verea
"É importante que a xente non esqueza como era a zona antes da chegada de ENCE”
Esta semana estreouse en Pontevedra o documental Paraíso Roubado, un filme dirixido por Lukas Santiago e producido pola APDR, que recolle a memoria da zona de Lourizán e a loita da veciñanza contra a instalación da industria pasteira e os seus efectos.
Silvia García: "Cómpre desfacer estereotipos sobre o rural que están moi arraigados"
A decana da facultade de Belas Artes de Pontevedra ofreceu en Madrid un obradoiro sobre os imaxinarios sobre a zona rural creados polos libros de texto publicados durante o franquismo.
18 concellos mudaron a persoa á fronte da Alcaldía dende maio de 2015
MAPA INTERACTIVO Narón unirase a esta lista en setembro, momento no que o seu actual rexedor, José Manuel Blanco, abandonará o cargo. 7 mocións de censura, 4 dimisións por causas xudiciais e 7 nomeamentos para outros postos, entre os motivos das remudas
A Coruña clama na rúa contra a privatización da súa fachada marítima
Unhas 4.000 persoas maniféstanse pola devolución gratuíta ao Concello dos terreos portuarios e contra a especulación nunha xornada multitudinaria, festiva e reivindicativa polo espazo público para o litoral.