O PP impulsa unha lei para eliminar controis a iniciativas mineiras, eólicas ou forestais
A proposición de lei de fomento de implantación de iniciativas empresariais, que se debaterá este martes no Parlamento pola vía de urxencia, aceleraría os procesos de explotación mineiros e suprimiría garantías ambientais e patrimoniais na implantación doutros proxectos. Falamos con Antón Sánchez (En Marea)
Sarria, capital ibérica dos observadores de nubes
A Granxa Escola de Barreiros da localidade lucense acolle do 22 ao 24 de setembro o III congreso da Asociación Ibérica de Observadores de Nubes. Falamos con dous dos seus organizadores, Fernando Fuentes e Germán Díaz.
"Hai que buscar públicos diferentes, máis alá do que xa milita na literatura galega"
ENTREVISTA | Falamos con Carlos Meixide, que despois de publicar por entregas ao longo do mes de agosto en Praza.gal a súa novela A memoria dos meus pasos, vén de iniciar agora unha campaña de micromecenado para completar a súa edición en papel
O Plan de Prevención do Suicidio da Xunta non incorporará máis persoal nin orzamento
O Movemento Galego da Saúde Mental valora o documento, que en breve será presentado polo Goberno galego. A entidade celebra que "por fin" se poña atención "nun dos máis graves problemas de saúde pública", pero critica numerosas eivas na proposta que -din- chega catro anos tarde.
Así funcionan os montes veciñais de Froxán e Covelo
ENTREVISTA | Falamos con Alexandre Cendón (CMVMC de Santiago de Covelo) e con Lucía Cao (CMVMC de Froxán, Lousame), que explican o traballo que realizan nos dous espazos sinalados pola ONU como modelo de xestión comunitaria e conservación do medio
"Se o cárcere está vivo, se a cidadanía o fai seu, conseguirase a devolución final do espazo"
ENTREVISTA | Falamos con Alberto Fortes, un dos voceiros do Proxecto Cárcere, colectivo que dende o ano 2010 traballa para a recuperación da vella prisión provincial e que será o encargado de xestionar o espazo, que terá un carácter aberto todo tipo de entidades e centrado na memoria histórica e a cultura
A sanidade privada 'ofrécese' a reducir a lista de espera cirúrxica a cambio de 88 millóns
A fundación que agrupa os hospitais privados do Estado manterá xuntanzas cos responsables sanitarios para detallar unha proposta que xa foi rexeitada pola AGDSP, que esixe "abrir as camas e quirófanos pechados" e empregar os recursos dos centros públicos polas tardes para mellorar o servizo
Exército e Concello de Ordes homenaxearán cunha xura de bandeira un heroe do Franquismo
Os actos, que terán lugar este domingo, lembran a morte do Soldado Lois, finado hai 80 anos no Cruceiro Baleares, que xogou un papel clave na vitoria militar do exército nacional. A Coruña acollerá o sábado en María Pita outra cerimonia de xura da bandeira para civís
Dous montes veciñais, recoñecidos pola ONU como exemplo de conservación e xestión participada
As comunidades de montes de Froxán (Lousame) e Santiago de Covelo foron incorporados ao rexistro ICCA no que figuran casos de éxito na xestión comunal do territorio por parte dos seus habitantes. Falamos con Sergio Couto (Iniciativa Comunales) e Alexandre Cendón (CMVMC de Covelo)
"Unha cidade é moito máis que unha sucesión de fachadas, ten que haber alguén vivindo e traballando detrás"
ENTREVISTA | O investigador e arquitecto lucense Iago Lestegás presentou en xuño a súa tese de doutoramento sobre os efectos da turistificación no centro de Lisboa, e vén de ser galardoado co premio á mellor comunicación dun investigador mozo en Xeografía Urbana
Cosmos segue usando explosivos preto da Cova Eirós, a pesar da sentenza que anulou a súa licenza
Petón do Lobo denuncia que a empresa realizou varias voaduras na canteira próxima ao xacemento, que ten en marcha o procedemento para a súa declaración como BIC. O ditame xudicial aínda non é firme e o Goberno galego non adoptou medidas cautelares para protexer o espazo.
COGAMI e consumidores, contra as gasolineiras sen traballadores apoiadas pola Xunta
COGAMI e Unión de Consumidores de Galicia demandan que as estacións de servizo contraten persoal e garantan os dereitos dos usuarios con discapacidade. Nove comunidades autónomas prohiben as gasolineiras sen empregados, defendidas polo Goberno galego como una forma de abaratar prezos