Un colexio de Viveiro pide mudar o seu nome, que homenaxea un destacado falanxista
Antonio Pedrosa Latas, un dos fundadores da Falange Española na provincia de Lugo, cualificou en 1976 a universidade como "bunker de marxistas". Galiza Nova impulsou o cambio de nome, aprobado no Consello Escolar e no Claustro do centro. Porén, a modificación depende do pleno municipal, onde hai dúbidas.
"Cando unha muller se anima a denunciar pode non ter ningunha garantía"
ENTREVISTA | A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha manifestación este xoves en Vigo para "facer ruído contra as agresións". "A manada somos nós, as feministas, que nos organizamos para defendernos das violencias", destaca a convocatoria. Falamos con María Montenegro.
Concurso de cartas contra o maltrato: "Non podo crer que os veciños non nos oíran"
Lalín decidiu este mércores as cartas gañadoras do concurso "Dillo a quen maltrata”, convocado polo Concello a través da Oficina de Igualdade. Os galardóns entregaranse nun acto público o vindeiro 25 de novembro. Máis de 100 misivas participaron no certame, que chega xa á súa 14ª edición.
"Mediante as depuracións, o franquismo controlou completamente a Administración"
Este xoves comezaron na Coruña as xornadas Memoria e Democracia, organizadas polo Concello e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica. Unha mesa redonda analizou a importancia da represión exercida a través da destitución de mestres, funcionarios e outros profesionais.
"Debemos camiñar cara a uns servizos sociais universais, máis preventivos e comunitarios"
ENTREVISTA | Fernando Fantova, ex-viceconselleiro de Asuntos Sociais no Goberno Vasco, está en Compostela este xoves e en Vigo este venres para falar dos "Retos dos servizos sociais a comezos do século XXI", convidado polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
Un auto por maltrato animal en Lugo devén nunha denuncia xeral do atraso legal na materia
Hai dúas semanas unha cadela de seis meses foi arroxada dende a xanela dun edificio. A xuíza Pilar de Lara vén de retirarlle a custodia aos seus donos, aos que lles aplica tamén unha orde de afastamento. A maxistrada critica a escasa protección dos dereitos animais en España e a escasa formación de policías e xuristas neste ámbito
'Manoliño Nguema', unha vida entre Guinea e Galicia co circo como paixón
Un documental realizado por Waka Films, Fílmika Galaica e Agareso percorre a vida deste guineano que viviu no Circo dos Muchachos de Bemposta nos anos 70 e 80 para converterse á súa volta a Malabo no "pai do teatro" de Guinea Ecuatorial. O 15 estreará en Compostela unha obra sobre a súa vida, escrita tras un encargo de Quico Cadaval.
A oposición alerta de que a Lei de Espectáculos prexudicará pequenos concellos e entidades
O Parlamento aprobou a pasada semana a toma en consideración do proxecto, que recibiu fortes críticas de En Marea, PSdeG-PSOE e BNG, que denuncian "falta de consenso" e unha norma non adaptada á realidade galega, sobre todo para as localidades rurais e as iniciativas sen animo de lucro.
"O patrimonio cultural é un valor económico e social, é o tesouro máis grande que temos"
ENTREVISTA | Este xoves 16 celébrase o Día do Patrimonio Mundial, promovido pola UNESCO. As entidades que conforman a Rede do Patrimonio Cultural organizan 39 actividades simultáneas para contribuír á visibilización destes bens e das entidades que os promoven e poñen en valor. Falamos con Soledad Felloza
Así se pode estender a avespa asiática no ano 2018 en Galicia
USC e Deputación da Coruña presentan unha aplicación que permite visualizar nun mapa a distribución presente e futura da velutina en base a un modelo creado polo investigador Luis Rodríguez Lado, que emprega 50 variables ambientais, dende a meteoroloxía aos hábitats preferidos polo insecto para asentarse.
Así naufragou o Prestige na costa e na política de Galicia
MAPA INTERACTIVO Cando se conmemora o 15 aniversario da catástrofe, lembra connosco o día a día dun desastre que tinxiu de negro o mar e o litoral galego e que levou a unha mobilización social sen precedentes no país
"O 'senfogarismo' non é unha cuestión de servizos sociais, é un problema de falta de vivenda"
ENTREVISTA | Albert Sales coordina o programa de atención ás persoas sen fogar de Barcelona. Este venres foi o encargado de abrir a II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela. Falamos con el sobre a situación na capital catalá, as políticas desenvolvidas dende o Goberno municipal e a forma de atallar este problema dende a base.