A ópera galega 'O Arame' representarase no Reino Unido en xuño
Trátase dunha coprodución do Centro de Estudos Galegos John Rutherford da Universidade de Oxford e XOGA (Xove Ópera Galega-Galician Youth Opera), que levarán a escena a obra de Juan Durán e Manuel Lourenzo estreada en 2008 na Coruña.
"Nos concellos pequenos danse todo tipo de situacións, mesmo bibliotecas sen persoal"
ENTREVISTA | Falamos con Xoán Manuel Pérez Lijó, secretario da Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas e Centros de Documentación de Galicia (Bamad), que sinala as dificultades orzamentarias e pide unha maior colaboración entre Xunta, deputacións e concellos.
"Estamos encantados por ter implicado a sociedade civil no apoio á investigación do cancro"
ENTREVISTA | A campaña de crowdfunding iniciada hai tres meses polo grupo de investigación compostelán Oncomet está a piques de pecharse. Leva recadados case 400 mil euros para desenvolver a análise de biopsia líquida, unha técnica de vangarda na loita contra o cancro. Falamos con Miguel Abal, un dos seus responsables
A Xunta cesa as directoras das bibliotecas de Lugo, Pontevedra, A Coruña e Santiago
A Consellería de Cultura afirma que os cambios, que sorprenderon ao persoal destes centros, responden a unha modificación "habitual" dos equipos directivos. Bamad-Galicia cualifica os ceses de "decisión errada" e pide que estas prazas se cubran por concurso de méritos
A ampliación dunha rúa en Xinzo pode acabar con 54 árbores centenarias
Unha plataforma cidadá comezou a mobilizarse para evitar a tala, que acabaría cunha singular avenida arborada. Os tres grupos da oposición municipal (PSOE, BNG e Xinzo Adiante) presentarán unha moción no pleno de abril e o PSdeG levará o tema ao Parlamento galego.
2017: O ano dos plenos locais retransmitidos en directo?
As catro deputacións, seis das sete cidades (todas agás Vigo) e outros concellos, como Lalín, Sada, Bergondo, Xinzo de Limia, Ribadavia, O Porriño, Ponteareas ou Miño, xa permiten seguir as súas sesións de debate a través da rede. Unha lista que non deixa de crecer
"A cultura rural foi a que nos alimentou, a que mantivo viva Galicia"
A Universidade Rural Galega e a Deputación de Lugo traballarán xuntas no recoñecemento e dignificación do medio rural. Falamos co presidente da URG, Alfonso Blanco Torrado, párroco en Guitiriz e fundador e coordinador da Asociación Cultural Xermolos
A Coruña: 10 distritos e máis de 300 'barrios' identificados pola veciñanza
Máis de mil persoas delimitaron en 38 encontros presenciais os espazos nos que se organiza a cidade e o uso que fan deles, un rico mapa de nomes, topónimos e microtopónimos
"A axuda ao desenvolvemento percibiuse como unha política necesaria, pero secundaria"
ENTREVISTA | Alejandro Quiñoá (Asemblea de Cooperación pola Paz) vén de ser nomeado presidente da Coordinadora Galega de ONGD, en substitución de Gema Filgueira. Falamos con el sobre os retos dunha plataforma que agrupa 45 entidades que suman 41.000 colaboradores en Galicia
O vello cárcere de Lugo reabre como espazo de cultura e memoria
A antiga prisión do partido xudicial, inaugurada en 1887 e que pechou as súas portas en 1981, inaugura este xoves as súas instalacións tras unha completa rehabilitación. Unha exposición sobre os centos de presos e presas políticas que por alí pasaron abre a súa programación.
A Deputación de Lugo reproba o subdelegado do Goberno por minimizar unha agresión sexual e o PP marcha
Os votos de PSdeG-PSOE e BNG condenaron as declaracións machistas de Ramón Carballo, que pouco antes pedira desculpas por ter minimizado unha agresión sexual sufrida por unha muller na cidade. Os populares cren que se busca "ensuciar" o "bo nome" dunha "persoa honrada"
Así pensa a Asociación de Viúvas de Lugo
A entidade adquiriu notoriedade nos últimos días trala denuncia da súa presidenta, Aurora Carro, ao concelleiro de Culturas da Coruña polo cartel do entroido no que aparece unha persoa disfrazada de Papa.