Cans, Curtocircuíto, Cineuropa ou FKM quedan sen axudas da Xunta por un defecto de forma
Houbo problemas coa aplicación electrónica de AGADIC, única vía permitida para presentar a documentación. Aínda que os festivais a remitiron por correo certificado dentro do prazo, a Axencia non aceptou a súa inscrición. É a primeira vez en 14 anos que Cans queda sen subvención. o que deixa a súa celebración nunha "incerteza total"
Área Metropolitana, mobilidade e fachada marítima, eixos do Goberno da Coruña ata 2019
A defensa do "próximo", a política social e o medio ambiente definen tamén o modelo de cidade que este luns presentou o Executivo local no acto Coruña Próxima, que fixou os obxectivos para a segunda metade da lexislatura. Ferreiro sinala que a decisión sobre os terreos portuarios marcará as vindeiras décadas.
"Se nos fixamos nas diferenzas, imos levantar muros entre nós. Hai que aproveitar as cualidades de cada un"
Este 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Síndrome de Down. Falamos con Juan Martínez, presidente de Down Compostela, entidade que este luns entregou os seus premios. Ensino integrador, oportunidades de emprego e o recoñecemento de dereitos básicos -coma o voto- eixos das súas demandas.
O tren do norte de Galicia, o grande esquecido
Nas últimas semanas boa parte dos servizos ferroviarios entre Ferrol e Ribadeo foron suprimidos ou cubertos en autobús ou taxi. Falamos cos voceiros da Plataforma pola Defensa do Ferrocarril, que chaman a unha mobilización dos concellos afectados para manter unha "infraestrutura vital".
A debilidade da estrutura galega de medios: ameaza e oportunidade
Marcos Pérez Pena
"O alumnado considera que a violencia de xénero é só a agresión física"
A Deputación da Coruña presentou as conclusións do programa Suprime o Control de loita contra a violencia machista, que desenvolveu en 14 concellos e con máis de 600 mozos e mozas de centros de ensino da provincia. Falamos con Ánxela Franco, responsable da área de Igualdade.
O subdelegado do Goberno en Lugo non cre "agresión sexual" os tocamentos sufridos por unha muller
Ramón Carballo restou importancia á "intimidación" da que foi obxecto unha veciña mentres facía deporte no Paseo do Miño, considerándoa un "feito illado" e afirmando que non foi "agresión sexual". O PSdeG-PSOE acúsao de "retrógrado e machista" e de non defender a vítima
Homenaxe ás lavandeiras: "Os espazos de traballo das mulleres eran espazos de liberdade"
O barrio compostelán de Galeras acollerá este venres un acto de recoñecemento ás mulleres encargadas de lavar a roupa, co obxectivo de dignificar este labor e de sinalar a súa importancia como lugar de relación social e organización das traballadoras. Falamos con Encarna Otero
"Unha viaxe comeza por comprender ben o que tes preto da casa, doutro xeito non vas ter capacidade de asombro"
ENTREVISTA | Xurxo Mariño, profesor da UDC especializado no funcionamento do cerebro, vén de publicar Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo (Xerais), unha obra que mestura a divulgación científica co relato da volta ao mundo que realizou hai tres anos
Dez concellos perden os seus rexistros da propiedade
Varios alcaldes comezan a mobilizarse contra o anunciado peche das oficinas de Bande, Celanova, Ribadavia, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Quiroga, Becerreá, A Fonsagrada, Ponte Caldelas e Muros.
"As idioteces que se publican hai que combatelas doutro xeito, non se pode condenar alguén por ser idiota"
ENTREVISTA | Andrés Boix, profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Valencia, ofreceu este luns na USC unha conferencia sobre os límites á liberdade de expresión, moi centrada nos últimos episodios de condenas por publicacións en redes sociais ou polo autobús de HazteOir
As denuncias por violencia de xénero regresan ao nivel previo á crise económica
O número total en 2016, malia aumentar un 9% dende o 2015, e manter unha tendencia á alza dende 2012, segue por debaixo dos datos de 2009. Tamén se incrementaron as chamadas ao 016, que descenderan moito entre 2012 e 2014.