Chula, a moda de dous galegos que triunfa desde Vietnam
É pouco frecuente que unha firma de roupa con miles de seareiros se manteña afastada do rigor da tendencia. De equiparalos con alguén, tería que ser con Elsa Schiaparelli, atípica deseñadora, filósofa das formas, extravagante no seu tempo, coa que colaboraban Jean Cocteau ou Man Ray. Nese oasis nada Chula, cuns deseños a proba de modas.
“O andazo de tuberculose é moi superior ao que se calculara”
Non son tantas as enfermidades ás que se lles pode documentar unha estreita relación coa historia da propia humanidade. A tuberculose é unha delas, unha doenza antiga, coñecida, e con tratamento, pero que significa aínda, a día de hoxe, a segunda causa de morte no mundo. Non é casualidade: dos ao redor de 12 millóns de persoas infectados polo bacilo de Koch, menos do 5% accede a un diagnóstico adecuado e só un 10% a un tratamento. As cifras poden ser moi inferiores.
“Escoito moitas veces que o día que as mulleres cheguen ao poder, acaban os homes”
María Rosario López Juárez fala mam, un dos 25 idiomas que cohabitan, en desigual situación, dentro de Guatemala. En lingua mam pequeno dise nunch, rabia tx’u’j, queixo é kyes, e q’anlob’aj significa "mamón". Recolle o cabelo coa diadema tradicional da súa estirpe maia, rematada en borlas shoap, e se dirixe con paciente didactismo ao pequeno auditorio dunha xornada organizada por Panxea-Comercio Xusto e Sodepaz na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela.
Só o 5% das labregas se xubilará coa pensión completa, fronte ao 80% dos labregos
“Non sabemos que pasará no agro, se as labregas galegas seguiremos a carecer de recoñecemento e de dereitos, sen un estatuto xurídico que os recolla, e cunha lei de cotitularidade sen desenvolver. Esa constitúe unha das reivindicacións do 8 de marzo deste ano”. A que fala é Lidia Senra, líder durante dezaoito anos do Sindicato Labrego Galego (SLG), un dos poucos que historicamente se comprometeu na visibilidade e defensa das campesiñas.
“Cría que, como home, debía ser o activo na cama”
O cliché de que “o home é máis home” se ten un gran número de relacións sexuais e se comporta dun modo moi activo goza de vixencia. Porén, os homes comezan a recoñecer os seus problemas sexuais, entre eles a ausencia de desexo.
“Galicia retrocedeu 20 anos en investigación”
A decisión da USC de despedir a 17 investigadores do programa Parga Pondal, alén das consecuencias persoais que tivo para os afectados, puxo de relevo as dificultades que nos últimos tempos sofre a I+D+i no noso país, por mor dos recortes no financiamento e o desinterese oficial. A investigación e o coñecemento teñen que emigrar?