“Imaxine como será o mundo se as feministas gañamos esta guerra”
Andrea Momoitio, subdirectora de Pikara Magazine, estivo os últimos días en Galicia presentando a edición en papel da revista.
A empresa que demostra que vostede é vostede
Como pode o banco ou o hospital ter por teléfono garantías de que vostede é vostede e non un impostor, verificar a súa identidade dun modo alcanzable para o sistema? Segundo Elías Pérez Carreira, a solución atópase en IdentityCall, un dos inventos da súa empresa, Quobis, orixinaria do Porriño e premiada co MIT Technology Review Innovadores Menores de 35 en 2012.
"Na idea do 'triunfo' como ser máis espilido que o do lado danse a man Thatcher e o minifundio"
Marga Tojo fala con Samuel Solleiro, de Ataque Escampe, Martin Wu, de Grampoder e Daniel Salgado, de Das Kapital, tres das bandas que forman parte do proxecto Discos da Máquina
“Cabréame a traizón da esquerda neste país”
José Sacristán recibiu este sábado en Compostela o premio Cineuropa e debullou ante o público do festival a súa traxectoria no cinema, ademais doutras moitas cuestións sobre a actualidade da produción cinematográfica en España. Unha crónica de Marga Tojo.
Unha ducia de filmes para non (se) perder en Cineuropa
Comeza Cineuropa, e entre os 190 filmes do seu programa, Marga Tojo pídelle ao director do festival, José Luís Losa, que escolla doce filmes que non deberías deixar de ver este mes de novembro.
Eu, cidadán terrorista
Marga Tojo analiza as respostas represivas do Estado aos movementos sociais e as estratexias de construción retórica de inimigos, relacionadas co proceso xudicial aberto contra varios militantes do independentismo galego
"Este sistema fracasou no recoñecemento de dereitos básicos ás persoas con diversidade funcional"
Pertence a un colectivo cun 80% de paro, para o que a sociedade entende como solución de integración “comprar lotería”. A histórica activista Marita Iglesias, candidata de Equo na Alternativa Galega de Esquerda pola Coruña, introduce na campaña electoral o debate sobre a diversidade funcional, desde unha perspectiva inédita: a da investigadora que coñece a situación en carne propia.
"As profes de infantil merecen unha homenaxe dos galegos"
O Festiletras, a programación de actividades lúdicas e culturais que se celebra todos os anos en Ponteceso na semana das Letras, supera nesta edición tres décadas de “carreira de obstáculos” para os falantes. A edición deste ano comezou o mércores e chegará até o domingo.
'Tortilleiras', 'bolleiras', 'marimachos'
As lesbianas nunca existiron. Os homes homosexuais comezan a ver desterrada a imaxe colectiva de que os convertía en carne de canón social, mentres as lesbianas moitas veces permanecen fóra da vida pública, relegadas ao desgastado imaxinario das bolleras ou, como moito, ao ideario da bisexualidade cultivado na industria do porno.
“Nunca houbo enxeñeiros sociais máis violentos que estes terroristas financeiros”
Francisco Louça, líder do Bloco de Esquerda, pechou a Semana Galega de Filosofía analizando unha crise na que, considera que "a chantaxe da débeda derruba os contratos conseguidos na loita pola democracia". "É o que fai Rajoy coas súas medidas", asegura.
Os afectados pola estafa das preferentes, na Semana Galega de Filosofía
A protesta das persoas afectadas polo 'corralito' das antigas caixas galegas obrigan o presidente da Real Academia Galega a trasladar a súa conferencia á rúa, despois de que a Policía e axentes de seguridade privada pechasen a sala na que ía disertar sobre Galicia e Europa
Fermín Bouza: “Temo que Alemaña esperte o seu frikismo”
“Europa está nunha calexa sen saída. O Reino español, máis. A única solución que lle vexo é que en Francia gañe Francois Hollande e en Alemaña os socialdemócratas”. É a opinión deste sociólogo, filósofo, escritor e columnista, que estivo en Pontevedra como conferenciante na Semana Galega de Filosofía. “Dá a impresión –continúa- de que en Galiza tamén se está a cambiar electoralmente, aínda que non sabería neste momento por quen apostar. O que resulta seguro é que, co está a pasar, o partido que goberna perde votos".