Víctor Paz

Víctor Paz é un dos responsables de A Cuarta Parede

  • Moonrise Kingdom: cinema infantil con miolos

    A falta de vitaminas de autor na carteleira desta semana queda compensada pola vitalidade dunha proposta aínda nas salas: Moonrise Kingdom. O novo de Wes Anderson segue a voltas co universo infantil inaugurado por Fantástico Mr. Fox, marabillosa película de animación en stop-motion

  • Iceberg: a punta da fin do proteccionismo

    Foron varios os cronistas que no último festival de Cannes apuntaban que a temática apocalíptica da tempada cinéfila 2011-2012, a fin do sistema, parece que será substituída nos vindeiros meses por sentimentos positivos como única saída á crise moral e económica que atravesamos. Os nenos son a esperanza, din. Ou iso semellan querer comunicar Moonrise Kingdom, o último de Wes Anderson -de estrea hoxe en España- ou a gañadora da Palma de Ouro, Amour, de Michael Haneke.

  • Project X: Resacón en Pasadena

    Con Sueño y silencio, de Jaime Rosales, sen copias en Galicia; temos que botar a vista a outra estrea que de forma natural non tería entrado neste espazo. Project X.

  • Kubelka, o Mozart do cinema

    O austríaco é unha das lendas vivas do cinema experimental de vangarda, que propulsou dos EUA ao mundo xunto a Jonas Mekas, Stan Brakhage e algún outro colega de xeración, aló polos anos 60. Non contentos con mostrar a súa obra completa nunha sesión este venres, o S(8) e o CGAI tráeno á cidade herculina para que imparta o sábado unha clase maxistral sobre o seu concepto da metáfora comestible.

  • E aos 27 anos... Truffaut resucitou

    Os cinéfilos francófilos quedamos orfos coa súa perda, máis aos 27 anos... resucitou. Un amour de jeunesse, de Mia Hansen-Løve, é como unha entrega da saga Doinel, mais con sensibilidade feminina. Ningunha outra realizadora en case tres décadas lograra embriagarnos tanto a un bo feixe de seguidores fieis. Cumpridos hai nada os 30 anos, e con tres cintas na súa filmografía, Hansen- Løve é xa toda unha referencia nos circuítos festivaleiros.

  • Les Lyonnais: 'Penkozy flics'

    Francia vota esta domingo. Din que se elixe entre refundar os principios básicos da súa República (poñámonos posmodernos); ou manter no poder o ministro que bateu nos estudantes por protestar contra unhas reformas contrarias á égalité. Queda atrás unha década funesta para as forzas de seguridade do Estado galo, que viron como a súa popularidade baixaba nun corpo, a xendarmería, que xa nunca tivo sona de brando. Perdeuse a confianza na autoridade. Xa non hai heroes.

  • Take Shelter

    A frase promocional da serie Game of Thrones ben podería intercambiarse coa do Take Shelter de Jeff Nichols, e mesmo manter un diálogo simétrico con ela. “Achégase o inverno”, “refúxiate”. Son as sintéticas mensaxes que definen esta obra, merecedora do premio FIPRESCI na Semana da Crítica de Cannes.