Ditame final sobre a responsabilidade civil derivada da catástroe do Prestige. O Tribunal Supremo vén de emitir a sentenza definitiva sobre as consecuencias económicas daquela catástrofe ambiental que afectou as costas galegas hai 16 anos ao fixar indemnizacións por un importe superior aos 1.500 millóns de euros, que deberán repartirse entre o Estado español, como principal prexudicado, Francia, A Xunta de Galicia e ouros 269 afectados polo vertido entre concellos, mancomunidades, sociedades, empresas e particulares.
O Supremo fixa en máis de 1.500 millóns as indemnizacións, que deben ser abaondas polo capitán, a aseguradora e o FIDAC
A sentenza aclara que serán o FIDAC (Fondo Internacional de Indemnización de Danos debidos a Contaminación por Hidrocarburos); o capitán do Prestige, Apostolos Mangouras; e a aseguradora, London Owners Mutual, quen se fagan cargo das indemnizacións como responsables civís, sendo a propietaria do buque, Mare Shipping, a responsable subsidiaria.
O Supremo estima os recursos da Fiscalía, da Avogacía do Estado, do Estado francés e, parcialmente, o do FIDAC contra o auto de responsabilidade civil ditado en novembro de 2017 pola Audiencia Provincial da Coruña e que executaba o ditame penal definitivo sobre o caso ditado polo mesmo Supremo en xaneiro de 2016, que condenara a dous anos de cadea ao capitán.
A Audiencia da Coruña fixara hai esa indemnización en 1.573 millóns de euros para España, 61 millóns para Francia e 1,8 para a Xunta, unhas cifras agora lixeiramente modificadas polo Supremo.
A súa sentenza muda algo o establecida pola Audiencia da Coruña ao incluír que as indemnizacións recoñecidas a Francia e España deben incluír as cantidades correspondentes ao IVE abonado nas tarefas de reparación do dano sufrido, un concepto que no caso do Estado español ascende a 43,6 millóns de euros.
O alto tribunal aclara que as indemnizacións a Francia e España deben incluír o IVE abonado nas tarefas de reparación do dano sufrido
Tamén aclara a sentenza que da cantidade que se recoñece a España non se poden descontar, por exemplo, as axudas recibidas dos fondos comunitarios –máis de 275 millóns de euros segundo os cálculos da aseguradora londiniense-- e en contra do que consdieraba a Audiencia.
O Supremo tamén corrixe a indemnización recoñecida á Xunta polo labor de Sogarisa (Sociedade Galega de Residuos Industriais) por un importe de 1,87 millóns. Mantéñense 1,1 millóns, correspondentes á eliminación de residuos do Prestige, pero retíranse os máis e 750.000 euros relativos ao custo estimado da posta a punta da instalación ao non solicitarse esta segunda indemnización no xuízo, o que “vulnera o principio de rogación nesa materia”, segundo aclara o alto tribunal.
O Supremo corrixe a indemnización á Xunta por Sogarisa e réstlle uns 750.000 euros
En todo caso, gran parte da indemnización á Administración galega levouse a cabo a través dun acordo transaccional co Estado en xullo de 2005 por un importe de 513 millóns de euros. A Xunta subscribira un acordo co Estado no que renunciaba a toda indemnización ao considerarse integramente resarcida polos danos ocasionados polo accidente.
A sentenza tamén estima o recurso da Fiscalía, que discrepaba da Audiencia cando acordo que fosen as partes as que instasen a execución da resolución no Reino Unido, seda da aseguradora. O ditame aclare a que a Lei de Enxuizamento Criminal prevé a actuación de oficio polo xuíz español encargado da execución, polo que é este xuíz quen debe librar o procedente ante Reino Unido conforme á normativa de execución do dereito comunitario.
Respecto do FIDAC, que foi obrigado a pagar indemnizacións cos límites do seu convenio regulador, o Supremo dálle a razón: o ámbito da súa responsabilidade reírese aos danos materiais pero non aos medioambientias e morais, que deben ser cubertos polo resto de responsables civís.