A Galicia sen infancia: 24 concellos tiveron menos de dez nacementos nos últimos cinco anos

92 concellos galegos tiveron menos de 25 nacementos nos últimos cinco anos ©

A Teixeira é un pequeno concello da provincia de Ourense, con apenas 342 habitantes, aínda que en aumento dende o 2019, cando chegou a 316. Forma parte da Ribeira Sacra e pertence á comarca da Terra de Caldelas. Esta localidade, de fermosas paisaxes, é noticia porque hai cinco anos que non rexistra ningún nacemento: o último corresponde ao ano 2018. Porén, A Teixeira non é unha excepción nun contexto de devalo da natalidade en Galicia. Este mércores o INE publicou a cifra total de nacementos durante o ano 2023, que no conxunto do país rexistrou un novo mínimo na serie histórica.

Na Teixeira hai cinco anos que non nacen nenos e nenas. Pero non é unha excepción. Os seus datos non son moi diferentes aos doutras localidades con máis poboación, especialmente na provincia ourensá e máis na montaña lucense

Os datos da Teixeira non son moi diferentes aos doutras localidades con máis poboación, especialmente na provincia ourensá e máis na montaña lucense. 24 concellos galegos tiveron menos de dez nacementos nos últimos cinco anos: A Teixeira (0); Negueira de Muñiz (2); Gomesende (4); Parada de Sil, Pontedeva, Muras, A Arnoia, Quintela de Leirado e Carballeda de Avia (5); Os Blancos (6); O Bolo, Chandrexa de Queixa, As Nogais, Ribeira de Piquín e Lobeira (7); San Xoán de Río, Porqueira, A Pobra do Brollón, Beade e Navia de Suarna (8); Muíños, Vilar de Barrio, A Mezquita e Cenlle (9). Menos de dous nacementos por ano en todos os casos.

92 concellos galegos tiveron menos de 25 nacementos nos últimos cinco anos

Todos eles tiveron dende o 2019 algún ano sen nacementos. Se ampliamos o foco, atopamos que un total de 92 concellos galegos tiveron menos de 25 nacementos nos últimos cinco anos. A maior parte corresponden á provincia de Ourense (61) e 21 son de Lugo, pero tamén hai dous en Pontevedra e oito na Coruña.

Durante o pasado ano 2023 tan só tres concellos galegos tiveron máis nacementos que mortes, isto é, un saldo vexetativo positivo. Foron Ames (+46), Corcubión (+2) e Oroso (+1)

Durante o pasado ano 2023 tan só tres concellos galegos tiveron máis nacementos que mortes, isto é, un saldo vexetativo positivo. Foron Ames (+46), Corcubión (+2) e Oroso (+1). As pequenas localidades de Negueira de Muñiz e Corcubión tiveron o mesmo número de defuncións que de nacementos. O resto rexistrou un saldo negativo, mesmo Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar ou Arteixo, que figuran entre os concellos cunha maior taxa de natalidade en Galicia.

O resto do país ten un crecemento vexetativo negativo, mesmo as zonas urbanas que están a gañar poboación. Porén, este incremento demográfico débese unicamente a contar cun saldo migratorio moi positivo

O resto do país ten un crecemento vexetativo negativo, mesmo as zonas urbanas que están a gañar poboación. Porén, este incremento demográfico débese unicamente a contar cun saldo migratorio moi positivo. De feito, os concellos cun saldo vexetativo máis negativo en termos absolutos son precisamente as cidades, encabezadas por Vigo (1.440 mortes máis que nacementos), A Coruña (cun saldo de -1.240), Ourense (-681), Ferrol (-576), Lugo (-457), Pontevedra (-362) e Santiago (-350).

Estes tres concellos con saldo vexetativo positivo supoñen en todo caso unha mellora en relación á situación que se daba un ano antes, no 2022, no que tan só Ames resistía como única localidade galega con máis nacementos que defuncións. En 2013, hai unha década, 17 concellos galegos aínda presentaban un saldo positivo; en 2018 eran tan só 7, no 2019 eran 4 e no 2021 só 2 (Ames e Salceda de Caselas).

Os nacementos durante o ano 2023 concentráronse, iso si, na Galicia urbana, nas cidades e nas súas áreas metropolitanas. Vigo (1.573) nacementos e A Coruña (1.378) encabezan unha listaxe que seguen Lugo, Ourense e Santiago

Os nacementos durante o ano 2023 concentráronse, iso si, na Galicia urbana, nas cidades e nas súas áreas metropolitanas como amosa este mapa. Vigo (1.573) nacementos e A Coruña (1.378) encabezan unha listaxe que seguen Lugo, Ourense e Santiago, por esta orde, seguidos de Pontevedra e Ferrol. Oleiros, Arteixo, Narón, Carballo e Ames superaron tamén os 200 nacementos o pasado ano.

Pola contra, Santiso, Rubiá, Gomesende, A Teixeira, Os Blancos, Navia de Suarna, Muras e Parada de Sil non rexistraron nacemento ningún o pasado ano. Outros 22 concellos só tiveron un nacemento no ano 2023.

Santiso, Rubiá, Gomesende, A Teixeira, Os Blancos, Navia de Suarna, Muras e Parada de Sil non rexistraron nacemento ningún o pasado ano. Outros 22 concellos só tiveron un nacemento

A estatística correspondente ao 2023 publicada polo INE amosa, ademais, que son poucos os concellos galegos que están a rexistrar un aumento dos nacementos nos últimos anos. Destaca, por exemplo, o caso de Lugo, con datos en ascenso nos dous últimos anos, o mesmo que Ferrol, Arteixo, Tui, Sarria, A Laracha, Ribadeo, Caldas de Reis

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.