A historia do movemento feminista galego a través dos seus documentos

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e a directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), Carme Adán, na presentación do espazo en liña para a difusión dos materiais do Movemento Feminista Organizado en Galicia © CCG

O Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega (CCG) vén de poñer en marcha un novo espazo en liña para a difusión dos materiais do Movemento Feminista Organizado en Galicia. Búscase facilitar o acceso público "a un patrimonio documental de grande valor histórico e social", que abrangue de momento preto de 700 documentos relativos a 12 entidades.  

O espazo web amosa de momento uns 700 documentos relativos a 12 entidades. A colección integra materiais relacionados con máis de 200 organizacións, que se irán incorporando progresivamente á rede

A colección integra materiais relacionados con máis de 200 organizacións, que se irán incorporando progresivamente á rede. Entre os 678 documentos subidos ata agora figuran entidades destacadas da historia do movemento feminista galego, como a Asociación Galega da Muller, creada en 1976, a Asociación Galega da Muller de Ourense, a de Santiago, ou a de Vigo. A documentación inclúe tamén fondos da Coordinadora Feminista Galega (149 documentos) e da Coordinadora Feminista de Vigo (132 documentos), ambas creadas a finais de 1979. 

Aparecen tamén os Grupos de Mulleres da Universidade (118 documentos), activos desde 1983 ata comezos dos anos 2000. Destaca tamén a presenza de Andaina (55 documentos), un proxecto colectivo definido arredor da revista homónima, fundada en 1983.

Cartel da primeira edición dos encontros feministas galegos sobor do aborto, organizados pola Coordinadora Feminista Galega © CDIF/CCG

Búscase facilitar o acceso público "a un patrimonio documental de grande valor histórico e social"

Na presentación do espazo web, a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e a directora do CDIF, Carme Adán,trata dunha "xanela para coñecer a riqueza, a variedade e a intensidade dun movemento que ten un valor que vai máis alá do arquivístico e documental”, apuntou a presidenta na rolda de prensa. 

“Foi e é un feminismo que puxo sobre a mesa preocupacións propias dun tempo, como a sexualidade, o dereito a decidir sobre o noso corpo, o traballo digno ou o divorcio, e que foi profundamente antimilitarista. Ademais, sempre estivo a loitar para que determinadas demandas non se perdan”, sinalou Carme Adán.

“Foi e é un feminismo que puxo sobre a mesa preocupacións propias dun tempo, como a sexualidade, o dereito a decidir sobre o noso corpo, o traballo digno ou o divorcio, e que foi profundamente antimilitarista. Ademais, sempre estivo a loitar para que determinadas demandas non se perdan”, sinalou Carme Adán

Este conxunto documental constitúe un "espazo pioneiro" no conxunto de España na visibilización, organización e acceso aberto aos materiais do movemento feminista, "situándose na vangarda das políticas de preservación da memoria social", destaca o CDIF. Son materiais que permiten achegarse a unha parte fundamental da historia do movemento feminista en Galicia a través das súas propias producións, discursos e prácticas organizativas.

A emerxencia dos feminismos organizados e as súas producións constitúen unha fonte fundamental para comprender as transformacións sociais e o papel das mulleres na historia galega e universal.

Numerosas organizacións desenvolveron ao longo das últimas décadas unha intensa actividade, xerando documentación diversa: estudos, correspondencia, revistas, boletíns, cadernos, libros ou propostas lexislativas. Moitos destes materiais atopábanse dispersos, en risco de desaparición ou en estado precario, o que fixo que o CCG, en 2005, considerase necesaria unha intervención para garantir a súa preservación.

Cartel da segunda edición das Xornadas Feministas das Mulleres Galegas (1984) © CDIF/CCG
Cartel convocando a unha manifestación polo 8 de marzo en 1990 © CDIF/CCG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.