A Consellaría de Sanidade iniciou este venres un novo cribado masivo a todo persoal que traballa nos centros sanitarios galegos, un total de 44.000 profesionais “tanto do Sergas como das entidades asistenciais dependentes”. Trátase do segundo cribado nos centros sanitarios e levarase a cabo cos test de dobre banda cedidos por Inditex, indica a Xunta.
A Consellaría de Sanidade iniciou este venres un novo cribado masivo a todo persoal que traballa nos centros sanitarios galegos, un total de 44.000 profesionais
Na presentación desta acción, o presidente Alberto Núñez Feijóo destacou que ata o momento o Goberno galego realizou cribados sectoriais a todo o persoal docente e non docente de primaria, secundaria e das escolas infantís; a usuarios e profesionais das residencias de maiores; aos traballadores temporeiros que realizan tarefas agrícolas, especialmente na vendima; a membros de Corpos e Forzas de Seguridade e ao persoal de prevención e extinción de incendios forestais. “Seguimos a apostar pola detección precoz, é a nosa tese desde fai meses: tests, tests e máis tests”, indicou Feijóo.
Dende o inicio da pandemia, no mes de marzo, e ata o pasado 16 de agosto máis de dous mil profesionais sanitarios galegos foron infectados e infectadas polo novo coronavirus. Foron exactamente 2.181, segundo as cifras oficiais publicadas polo Ministerio de Sanidade.
A maior parte contaxiáronse nas primeiras semanas, en boa medida pola carencia de medios de protección individual e ante a ausencia de protocolos axeitados. Entre os primeiros días de maio e o 7 de maio rexistráronse un total de 1.708 casos de coronavirus entre o persoal sanitario galego. A cifra, elevadísima, significaba nesa primeira semana de maio que a metade dos casos activos de coronavirus correspondían a profesionais dos centros sanitarios e das residencias de maiores e dependentes.
Dende o inicio da pandemia, no mes de marzo, e ata o pasado 16 de agosto máis de dous mil profesionais sanitarios galegos foron infectados e infectadas polo novo coronavirus
Esta circunstancia fixo que un informe do Instituto de Saúde Carlos III, publicado en xullo e que analizaba os distintos elementos que favoreceron a expansión da enfermidade no Estado español, situase os contaxios ao persoal sanitario como o principal factor de expansión do coronavirus en Galicia.
E certo que a partir de maio a situación foi moi distinta da que se vivira en marzo e abril. Maiores medidas de protección e prevención e un descenso na incidencia da enfermidade fixeron que entre o 11 de maio e o 2 de xullo só se rexistraran 34 contaxios entre os profesionais sanitarios galegos, segundo as cifras facilitadas nese momento polo Ministerio de Sanidade.
Entre o 2 de xullo e o 30 de setembro houbo en Galicia 439 casos máis de coronavirus entre os traballadores e traballadoras da saúde. En total, 473 dende o 11 de maio
Con todo, os datos máis recentes comunicados polo Ministerio, que inclúen os contaxios rexistrados ata o 18 de agosto, volven elevar as cifras de infeccións entre o persoal sanitario. Entre o 2 de xullo e o 18 de agosto houbo en Galicia 439 casos máis de coronavirus entre os traballadores e traballadoras da saúde. En total, 473 dende o 11 de maio.
No conxunto do Estado houbo 12.729 casos entre o persoal sanitario no conxunto entre o 11 de maio e o 30 de setembro. Entre eles, 7.149 producíronse entre os e as profesionais dos centros sanitarios, 4.165 no persoal dos centros sociosanitarios e os 1.415 restantes entre as traballadoras e traballadores doutro tipo de centros. Cataluña (1.841), Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Madrid e Castela-León foron as comunidades autónomas con máis contaxios entre o persoal sanitario neste tempo, máis de mil infeccións en cada territorio.