A Consellería de Educación de empregoi fondos dun programa europeo para cubrir parte do salario de profesorado fixo dos centros de ensino. En concreto, do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, aprobado o 9 de decembro de 2022 pola Unión Europea e a presentado pola Xunta o 14 de marzo deste ano nun acto celebrado no CGAC de Santiago de Compostela.
O programa serviu para financiar o 60% dos custos de persoal de atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, o profesorado especialista de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe de 200 centros de Infantil e Primaria
O programa financiado polo Fondo Social Europeo serviu para financiar o 60% dos custos de persoal de atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, o profesorado especialista de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe de 200 centros de Infantil e Primaria, segundo denunciou este luns CIG-Ensino.
O sindicato denuncia que a pasada semana, entre o 11 e o 13 de xullo, douscentos centros educativos de Infantil e Primaria recibiron comunicacións telefónicas e por correo electrónico da Xunta de Galicia nas que se lles indicaba que foran “seleccionados”, sen petición previa, para formar parte do programa do FSE, sinala CIG-Ensino.
CIG-Ensino cualifica de "totalmente improcedente" e como "un escándalo" que se usen fondos europeos "para sufragar parte dos salarios de profesorado estrutural"
A central nacionalista cualifica de "totalmente improcedente" e como "un escándalo" que se usen fondos europeos "para sufragar parte dos salarios de profesorado estrutural" e critica que eses fondos non serviran para incrementar profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe de reforzo nos centros que tiñan máis necesidades de apoio.
A CIG sinala que "sempre se nos dixo" que estes fondos "tiñan un carácter finalista para a contratación temporal de novo profesorado". O sindicato enviará a documentación da que dispón aos organismos europeos correspondentes para comprobar se se está a vulnerar a normativa e, de ser así, "exixirá as responsabilidades que correspondan".
A Xunta "aproveita todas as convocatorias de fondos dispoñibles"
A Consellaría de Educación defende que a Xunta "aproveita todas as convocatorias de fondos dispoñibles en educación para seguir potenciando un ensino de calidade"
Mentres, a Consellaría de Educación defende que a Xunta "aproveita todas as convocatorias de fondos dispoñibles en educación para seguir potenciando un ensino de calidade". "É dicir: non existe por parte da Consellería de Educación ningunha novidade no investimento de fondos públicos nin tampouco prácticas distintas ás lóxicas e habituais por parte de calquera administración pública en Europa", engade.
O Goberno galego sinala así mesmo que "como non pode ser doutro xeito, emprega os fondos que recibe seguindo os criterios de ditas convocatorias e os procedementos regrados". E comenta que "dende hai moitos anos, os fondos europeos contemplan, dentro das regras que os rexen marcadas e auditadas pola UE, a posibilidade de investimentos en persoal". "Isto foi así no Fondo Social Europeo para o período 2014-2020 e tamén agora no período 2021-2027", destaca.
"Dende hai moitos anos, os fondos europeos contemplan, dentro das regras que os rexen marcadas e auditadas pola UE, a posibilidade de investimentos en persoal", di a Xunta
O programa, cunha axuda comunitaria de 448,6 millóns de euros, busca "lograr altos niveis de emprego, unha protección social xusta e unha forza laboral cualificada e resiliente, así como sociedades inclusivas e cohesionadas orientadas a erradicar a pobreza".
A Consellaría de Educación afirma que o orzamento da Xunta en 2023 "é o máis alto da historia en educación" e destaca que Galicia "é a terceira comunidade que máis inviste por alumno e a primeira en inclusión de alumnado con necesidades educativas especiais en centros ordinarios".
A CIG denuncia que se empregou esta fórmula para o salario de profesorado de FP
CIG-Ensino afirma que "tamén se usaron fondos europeos" para pagar parte das retribucións de profesorado de FP
CIG-Ensino afirma que "tamén se usaron fondos europeos" para pagar parte das retribucións de profesorado de Formación Profesional que recibiron para a súa sinatura "un documento polo que se daban por coñecedores de que ao o 28% do seu salario foi cuberto con cargos a un programa do FSE".
"A Xunta incorpora un novo mecanismo para reducir os cartos destinados ao ensino público: como non lle chegaba coa redución orzamentaria e de persoal, agora confirman que reducen aínda máis os orzamentos destinados a pagar os salarios do profesorado, ao aforrarse unha parte importante das súas retribucións no canto de usar eses fondos para incrementar o profesorado de todos os centros", di o sindicato.
O sindicato critica a "improvisación" que observa na obriga aos centros "a cubrir agora datos para poder xustificar o cobro dun programa aprobado hai meses e que non se executou"
A central explica que ao profesorado afectado (PT, AL, Orientación, dirección do centro) dáselle de prazo ata o 31 de xullo "para cumprimentar datos de todo o alumnado participante, isto é, todo o alumnado do NEAE do centro. No documento "fica claro que a Consellaría considera como participante nun programa a alumnado, profesorado e centros que en ningún caso formaron parte de ningún programa e que fixeron o traballo normal e habitual de atención á diversidade que se desenvolve ao longo do curso escolar", sinala CIG-Ensino
O sindicato critica neste senso a "improvisación" que observa na obriga aos centros "a cubrir agora datos para poder xustificar o cobro dun programa aprobado hai meses e que non se executou". CIG-Ensino considera "unha falta de respecto ao profesorado" que se lle "cargue agora dunha nova carga burocrática para tapar a vergoña de non ter actuado en tempo e forma como correspondería dunha administración educativa minimamente eficiente".