A decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de deixar sen validez a esixencia do certificado COVID para o acceso ao interior da hostalaría nos concellos en nivel de restricións alto ou máximo tivo como primeira consecuencia o endurecemento desas restriccións. O Goberno galego sempre defendeu que o certificado COVID funcionaba como un apoio ao sector da hostalaría, permitindo relaxar as medidas de control nestes establecementos, e a súa anulación obrigou ao regreso ás normas anteriores, que limitaban a capacidade máxima permitida, como xa anunciou a Xunta o pasado venres.
Nos concellos de nivel alto a capacidade no interior réducese do 50% ao 30% e tampouco se poderá facer uso das barras
Así, dende este martes, nos concellos de nivel máximo o interior da hostelaría pasa a estar pechado (antes, co certificado, podía abrir cunha capacidade do 30%). Nos concellos de nivel alto a capacidade no interior réducese do 50% ao 30% e tampouco se poderá facer uso das barras. Nos concellos de nivel medio e baixo, os cambios afectan ao ocio nocturno: antes, co certificado, o acceso ao interior de discotecas e pubs estaba limitada ao 50% da súa capacidade, mentres que agora o máximo pasa a ser do 30%. Nos concellos de nivel máximo e alto non hai cambios, pois o ocio nocturno seguirá pechado.
Nos concellos de nivel medio e baixo, os cambios afectan ao ocio nocturno: antes, co certificado, o acceso ao interior estaba limitada ao 50% da súa capacidade, mentres que agora o máximo pasa a ser do 30%
Este luns o Goberno galego publicou no DOG a orde que modifica as medidas e que tamén establece un importante cambio no nivel de restriccións asignado ao Concello do Grove, que ata agora era a única localidade en nivel máximo de restricións, o que lle tería obrigado a pechar por completo o interior da hostalaría. O Grove pasa a estar en nivel alto.
Nese nivel alto, no que o ocio nocturno seguirá pechado e o interior dos locais de hostalaría ve limitada a súa capacidade, hai outros 54 concellos, entre eles cinco das sete cidades: A Coruña, Vigo, Ferrol, Lugo e Pontevedra. No nivel medio sitúanse 69 concellos, entre eles Compostela e Ourense, localidades nas que o ocio nocturno ve incrementadas as súas restricións. Finalmente, os restantes 189 concellos atópanse no nivel baixo de restricións.
O Concello do Grove, que ata agora era a única localidade en nivel máximo de restricións, pasa a estar en nivel alto
Este mércores o comité clínico que asesora á Consellaría de Sanidade volverá reunirse este mércores pola mañá para revisar de novo as restricións aplicadas e a asignación de cada concello aos distintos niveis, medidas que entrarán en vigor a partir do sábado.
A anulación da esixencia do Cerrtificado COVID foi recibida polo sector da hostelaría cunha completa división. Algúns establecementos e asociacións, coma a Hostalería Federada Galega (HOSFEGA) e a Plataforma Galega en Defensa da Hostalería, que presentaron o recurso que acabou por anular a esixencia deste documento, celebraron a decisión do TSXG, mentres que moitos outros, coma a Federación de Hostelería de Pontevedra, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería ou a Asociación provincial de hosteleiros de Lugo, lamentaron o efecto final da desaparición da esixencia do certificado: o endurecemento das medidas. En calquera caso, a gran maioría dos hostaleiros critica as restricións impostas e pide poñer o foco nas festas privadas, botellóns ou concertos.
A anulación da esixencia do certificado COVID foi recibida polo sector da hostelaría con división
Pola súa banda, o Goberno galego defendeu a necesidade de regresar ás medidas máis restritivas, aplicadas antes da posta en marcha do certificado COVID. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que as restricións aplícase para priorizar a "seguridade sanitaria", buscando "compatibilizar a seguridade sanitaria coa vida económica".