Besteiro propón un "pacto pola lingua" para garantir máis recursos cos que reverter a perda de galegofalantes

José Ramón Gómez Besteiro, este sábado no Panteón de Galegos Ilustres © PSdeG

O PSdeG cre é que necesario "achegar máis recursos, de xeito transversal, para conseguir reverter a actual tendencia", subliñando que se trata "dunha loita transversal, non só dunha determinada área"

O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asistiu este sábado ao acto central do Día de Rosalía organizado pola AELG no Panteón de Galegos Ilustres, onde aproveitou para reclamar "un Pacto pola Lingua con consenso das forzas parlamentarias" para modernizar e reforzar o investimento do Plan de Normalización para reverter a perda de galegofalantes.

En declaracións aos medios de comunicación o líder do PSdeG fixo un chamamento a chegar nesta lexislatura a un grande acordo entre todos os partidos para "aumentar a potencia do noso idioma, que é a nosa obriga". O PSdeG cre é que necesario "achegar máis recursos, de xeito transversal, para conseguir reverter a actual tendencia", subliñando que se trata "dunha loita transversal, non só dunha determinada área". 

José Ramón Gómez Besteiro, este sábado no Panteón de Galegos Ilustres © PSdeG

Besteiro reclama "un Pacto pola Lingua con consenso das forzas parlamentarias" para modernizar e reforzar o investimento do Plan de Normalización para reverter a perda de galegofalantes

O líder dos socialistas galegos propón que neste obxectivo participen representantes políticos e á sociedade civil, as principais institucións e entidades vencelladas á lingua galega. "Se somos capaces de sentar e analizar as causas de por que se fala menos o noso idioma, teremos moito camiño andado", engadiu.

Ao tempo, Besteiro criticou o voto do PP en contra do uso do galego do Senado, onde os populares -que contan con maioría absoluta- negáronse a reformar o Regulamento do Senado, Cámara de representación territorial, para incorporar o uso do galego a todos os debates, como si está a suceder no Congreso.

Besteiro criticou o voto do PP en contra do uso do galego do Senado. “É xa é a cuarta vez”, subliñou, lembrande que o PP tamén se negou no Congreso a permitir o uso da lingua propia de Galicia, o mesmo que no Parlamento europeo

“É xa é a cuarta vez”, subliñou, lembrando que o PP tamén se negou no Congreso a permitir o uso da lingua propia de Galicia nas sesións parlamentarias logo dun debate o pasado mes de setembro no que foi precisamente Gómez Besteiro o primeiro parlamentario que empregou o galego na Cámara Alta. O PP tamén votou en contra das iniciativas para pedir a normalización do uso da lingua presentadas no Parlamento de Galicia e no Parlamento Europeo.

Besteiro acudiu acompañado da cabeza de lista por A Coruña, Patricia Iglesias, o número 2, Julio Abalde, e o secretario xeral do PSdeG de Santiago de Compostela, Aitor Bouza.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.