A iniciativa "Eu son inspect@r urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu" busca aproximar ao alumnado galego a súa realidade territorial, o valor da paisaxe e do patrimonio construído, o cambio climático, a pegada ecolóxica ou os instrumentos de ordenación do territorio e planeamento urbanístico
O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia de Protección da legalidade Urbanística (APLU) da Xunta están a poñer en marcha unha nova edición de 'Eu son inspect@r urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu', unha iniciativa que busca aproximar ao alumnado galego a súa realidade territorial, o valor da paisaxe e do patrimonio construído, o cambio climático, a pegada ecolóxica ou os instrumentos de ordenación do territorio e planeamento urbanístico.
Da man de Proxecto Terra, a iniciativa componse de 30 actividades dirixidas a Educación Infantil, Primaria, Secundaria e 1º de Bacharelato, que se levarán a cabo entre os meses de novembro e xuño en centros de ensino do país. A preinscrición estará aberta ata o 10 de novembro a través dun formulario web que recibirán os centros educativos. A iniciativa vense desenvolvendo dende o curso 2019-2020
A iniciativa componse de 30 actividades dirixidas a Educación Infantil, Primaria, Secundaria e 1º de Bacharelato, que se levarán a cabo entre os meses de novembro e xuño en centros de ensino do país
As actividades, que serán titorizadas por inspectores e subinspectores da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, teñen como obxectivo principal "sensibilizar, concienciar, divulgar e formar" aos nenas e nenos galegos en relación ao medio e a intervención e ordenación do territorio. Será unha aprendizaxe transversal que constitúe "un alicerce fundamental para que as sociedades actual e futura realicen un uso sustentable e responsable do territorio", destacan os seus impulsores.
As actividades teñen como obxectivo principal "sensibilizar, concienciar, divulgar e formar" aos nenas e nenos galegos en relación ao medio e a intervención e ordenación do territorio
Como novidade, ofertarase a posibilidade de que o alumnado de Secundaria e Bacharelato visite as dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Santiago para coñecer de primeira man a labor de inspección do territorio e descubrir as ferramentas máis actualizadas que permiten afondar no seu coñecemento e análise.
Ademais, a colaboración entre o ProxectoTerra e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ampliarase co concurso “Amosando e protexendo o noso territorio”, actividade que permitirá ao alumando desenvolver a capacidade de observación, análise, espírito crítico e percepción do territorio polos máis novos, cuxa convocatoria abrirase nos primeiros meses do 2025.