A campaña incide na sensibilización do público más novo e céntrase nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno
“As agresións sexuais en contextos de ocio nocturno estanse dando cada vez máis habitualmente e normalizando. É unha situación moi grave na que poñemos o foco, porque queremos que as nosas rapazas non teñan medo a sair, e poidan divertirse con tranquilidade e seguridade”. Así presentou a pasada semana a deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Soledad Agra, a nova campaña DE FRONTE á violencia de xénero, lema da conmemoración do 25N.
A campaña incide na sensibilización do público más novo e céntrase nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno, inclúe diferentes accións específicas en torno a este obxectivo, e outras máis xenéricas dirixidas á poboación xeral.
“As agresións sexuais en contextos de ocio nocturno estanse dando cada vez máis habitualmente e normalizando. É unha situación moi grave na que poñemos o foco, porque queremos que as nosas rapazas non teñan medo a sair, e poidan divertirse con tranquilidade e seguridade”, alerta a deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Soledad Agra
Á iniciativa están adheridos 91 concellos, 82 entidades sociais e 35 centros de ensino e inclúe unha ampla e variada programación de actividades, dende obradoiros, vídeos, actos institucionais ou accións na rúa. O máis importante da programación terá lugar o venres 24, pero dende hai dúas semanas veñen xa celebrándose algunhas das actividades. Na web Defronte.gal hai un gran número de recursos (vídeos, xogos interactivos, palestas, recomendaciósn de libros, descarga de materiais) para todas as persoas e entidades que queirán facer uso deles.
Na mañá do 24 de novembro terá lugar no hall do Pazo Provincial da Deputación un acto institucional que contará coa presenza do dúo Caamaño&Ameixeiras, que lerán un texto propio e interpretarán dúas pezas en formato acústico. Ademais, haberá unha declaración institucional.
Na mañá do 24 de novembro terá lugar no hall do Pazo Provincial da Deputación un acto institucional que contará coa presenza do dúo Caamaño&Ameixeiras
Ademais, co obxectivo de visibilizar situacións reais de agresións sexuais, nas rúas de Santiago, Cee, A Coruña e Ferrol levouse a cabo a acción #RompeOSilencio, a través da que se recollerán testemuñas anónimas que anotarán nun papel as súas experiencias que queiran compartir e posteriormente depositarán nunha urna.
Así mesmo, crearanse breves vídeos divulgativos coas testemuñas de situacións reais recollidas na acción #RompeOSilencio. Os vídeos compartiranse na web e nas redes sociais.
Están a desenvolverse 14 obradoiros formulados en positivo, cunha duración mínima de 2 horas, onde se busca cuestionar as mensaxes e hábitos que alimentan as violencias sexuais en contextos de lecer e festa
Dende o pasado 9 de novembro, están a desenvolverse 14 obradoiros formulados en positivo, cunha duración mínima de 2 horas, onde se busca cuestionar as mensaxes e hábitos que alimentan as violencias sexuais en contextos de lecer e festa. Dirixidos a alumnado de IES da provincia, colectivos e asociacións xuvenís e persoas usuarias de centros de atención á diversidade, neles faise uso de ferramentas TIC para realizar unha pequena peza audiovisual en formato stop motion con legos.
Cabana de Bergantiños, Boiro, Cedeira, A Pobra do Caramiñal, Arzúa, Corcubión, Ribeira, A Coruña, Ordes, Outes, Muros, Santiago e Zas son as localidades que están a acoller estes obradoiros ao longo do mes de novembro.