Ás 22:07 da noite en Fisterra, 5:07 da mañá en Nachikatsuura (Xapón) produciuse, á vez, o solpor e o mencer a dez mil quilómetros de distancia
22:07 da noite en Fisterra, 5:07 da mañá en Nachikatsuura (Xapón). No extremo occidental de Eurasia o sol ocúltase no horizonte atlántico, e no extremo oriental ese mesmo sol aparece no horizonte do Pacífico. Os dous lugares, distantes en máis de dez mil quilómetros, uníronse este mércores a través do solpor e do mencer, que tivo lugar exactamente ao mesmo tempo, algo que só sucede dúas veces ao ano.
Para celebrar esta circunstancia, que se puido seguir en directo a través dunha retransmisión online, Fisterra acolleu acto público, coordinado polo físico e catedrático da USC Jorge Mira -o evento parte dun estudo publicado por el- e apoiado pola Deputación da Coruña a través do departamento de Turismo da Deputación que dirixe o vicepresidente Xosé Regueira.
O evento, que tivo unha duración de 45 minutos, foi conducido polo propio Jorge Mira, que fixo unha explicación científica da simultaneidade dos dous fenómenos en ambos puntos da xeografía terrestre
“Hoxe é un día moi especial no que Galicia e Xapón, o Finisterrae da vella Europa e o país no sol nacente quedan unidas polo mesmo sol, un fenómeno único que gardaremos na nosa memoria”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que destacou que “a maxia do solpor en Fisterra segue fascinando á humanidade como o facía hai dous mil anos” e grazas a esta iniciativa “nos conecta con Nachikatsuura para ver simultámente o espectacular amencer xaponés”.
No outro extremo do planeta as autoridades xaponesas, entre elas o alcalde de Nachikatsuura, Hori Junichiro, o gobernador da prefectura de Wakayama, Shuhei Kishimoto, ou os representantes da embaixada de España en Xapón seguiron tamén en directo o acto a través da emisión online, en aberto para todo o mundo.
“Hoxe é un día moi especial no que Galicia e Xapón, o Finisterrae da vella Europa e o país no sol nacente quedan unidas polo mesmo sol, un fenómeno único que gardaremos na nosa memoria”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso
O evento, que tivo unha duración de 45 minutos, foi conducido polo propio Jorge Mira, que fixo unha explicación científica da simultaneidade dos dous fenómenos en ambos puntos da xeografía terrestre. Ademais, no acto interviron a alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez; o alcalde da localidade xaponesa, que lembrou a súa visita a Fisterra, hai uns meses, cando "case o leva o vento no Cabo Fisterra"; o embaixador de España en Xapón; ou o presidente da Deputación da Coruña.
Os minutos previos ao respectivo solpor e mencer foron de grande emoción, tanto en Fisterra coma en Nachikatsuura. Un gran número de persoas asistiron en directo na localidade galega ao solpor -como é habitual- aínda que nesta ocasión este fermoso momento tiña unha significación aínda máis especial. De igual xeito, en Xapón pouco a pouco víanse cada vez con máis claridade no horizonte as luces do mencer, ata que finalmente apareceu a nosa estrela, dando lugar á hora dourada.
Interviron tamén a alcaldesa de Fisterra e o alcalde de Nachikatsuura, que destacou as coincidencias entre as dúas localidades
Hai uns días, na presentación da iniciativa, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destacou a significación deste acto como símbolo dos valores que comparten a costa galega e a xaponesa: "orgullo da nosa autenticidade como territorio, unha identidade que representa a nosa razón de ser e un respecto absoluto pola contorna”, cuestións “que defendemos dende a Deputación como fitos irrenunciables e transversais" definen "as nosas estratexias turísticas”.
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destacou a significación deste acto como símbolo dos valores que comparten a costa galega e a xaponesa: "orgullo da nosa autenticidade como territorio, unha identidade que representa a nosa razón de ser e un respecto absoluto pola contorna”
Neste senso, o proxecto Atlantic Sunset, coordinado polos profesores da USC Ángel Miramontes, Jorge Mira e Rubén Lois busca promover a contemplación do solpor "como unha forma de turismo única, sustentable e integradora do Espazo Atlántico". O proxecto obtivo o pasado ano máis dun millón de euros de financiamento no marco do programa Interreg Espazo Atlántico 2021-2027. A iniciativa constitúe "unha nova oportunidade de desenvolvemento territorial conxunto vinculado á posta de sol" e que servirá "para poñer en valor a costa atlántica do oeste europeo como medio de desenvolvemento económico alternativo ao turismo tradicional".
Cómpre lembrar que ademais desta conexión a través do sol, as localidades de Fisterra e Nachikatsuura comparten a súa condición de seren extremos de dúas rutas de peregrinación declaradas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: oKumano Kodo – Camiño de Kumano – e o Camiño de Santiago.
Podes ver aquí unha ducia de lugares de Galicia onde ver os mellores solpores do mundo.