Galicia continúa a mellorar os seus indicadores epidemiolóxicos, cun número de diagnósticos de COVID que se sitúa en niveis semellantes aos do pasado mes de agosto. Este domingo a Consellaría de Sanidade notifica 137 novos positivos, dos que 112 foron detectados por proba PCR nas últimas 24 horas. A media de casos novos rexistrados na última semana rolda os 138, unha cifra que non se acadaba dende o pasado 18 de agosto. Ademais, a taxa de positividade mantense en niveis moi reducidos, por debaixo do 2% nos últimos sete días.
A media de casos novos rexistrados na última semana rolda os 138, unha cifra que non se acadaba dende o pasado 18 de agosto
Con todo, outros datos convidan a manter as precaucións, sobre todo os hospitalarios, onde aínda se percibe o efecto da terceira vaga da pandemia. De feito, o número de camas ocupadas por pacientes Covid-19 nos hospitais galegos é aínda máis elevado que o que se daba a mediados de decembro e no Nadal, no inicio da desescalada que levou a esta terceira onda.
Este domingo catro novas mortes relacionadas coa Covid-19 elevan a 2.268 a cifra total dende o inicio da pandemia en Galicia
Así mesmo, a prevalencia cada vez maior da variente do virus descuberta no Reino Unido, máis contaxiosa, aconsella que a actual relaxación das restricións se leve a cabo de maneira gradual.
Este domingo, igualmente, hai que lamentar catro novas mortes relacionadas coa Covid-19, o que eleva a 2.268 a cifra total dende o inicio da pandemia en Galicia.
A taxa de positividade segue en niveis moi reducidos, baixando do 2% na media da última semana
A taxa de positividade segue en niveis moi reducidos, baixando do 2% na media da última semana. Todas as áreas sanitarias sitúanse por debaixo do 3% e A Coruña é a área cunha maior porcentaxe de probas positivas.
Nas últimas 24 horas leváronse a cabo 7.719 probas PCR, unha cifra considerablemente alta tendo en conta o menor ritmo de infeccións rexistrado nas últimas semanas.
Nas residencias hai un total de 33 casos activos, 27 entre as usuarias e usuarios e 6 entre o persoal. O número segue á baixa
Cada vez son máis os concellos que non rexistraron ningún caso de Covid-19 nos últimos sete días (171) e mesmo nos últimos 14 días (116)
Na situación por concellos percíbese unha mellora xeral e unicamente catro localidades pouco poboadas (A Mezquita, Boborás, A Pobra do Brollón) presentan incidencias acumuladas por riba dos 500 casos por cada 100.000 habitantes. Outros 18 concellos atópanse entre 250 e 500, entre eles Arteixo, Mos e Vilanova de Arousa, os únicos por riba de 10.000 habitantes.
Cada vez son máis os concellos que non rexistraron ningún caso de Covid-19 nos últimos sete días (171) e mesmo nos últimos 14 días (116)
A incidencia acumulada na Coruña duplica á da segunda cidade, Pontevedra
Nas cidades a tendencia é tamén á baixa en todas elas, algo máis lenta na Coruña, que presenta unha incidencia acumulada de 229 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días. A seguinte urbe con peores datos, Pontevedra, ten menos da metade da súa incidencia (113)
As 382 camas hospitalarias ocupadas sitúanse aínda por riba das 337 que había no día de Noiteboa
Finalmente, a situación nos hospitais tamén continúa a súa lenta mellora. Este domingo hai 80 pacientes Covid-19 nas UCI e outros 302 noutras unidades de hospitalización. Estas 382 camas ocupadas totais sitúanse aínda por riba das 337 que había no día de Noiteboa, un nivel que se mantivo estable entre a Ponte da Constitución e o Día de Reis, cando se dispararon os ingresos.