O bosque de pinos, que ocupa máis de dúas hectáreas, está afectado nun 75% e a empresa estatal solicitou permiso para repoboalo con carballos
O Parador de Baiona, emprazado no interior da fortaleza de Monterreal que ocupa a península de Monte Boi, vén de anunciar que vai cortar o piñeiral que acollen as súas murallas. A empresa estatal informa de que o 75% das árbores dese bosque de algo máis de dúas hectáreas están gravemente afectadas pola praga da eiruga procesionaria e que xa obtivo permiso tanto de Medio Rural como de Patrimonio, por ser o espazo un Ben de Interese Cultural (BIC) para realizar a corta.
Paradores anuncia tamén a súa intención de repoboar a zona con carballos autóctonos para buscar unha maior adaptación ao medio e evitar futuras pragas, actuación que aínda está pendente de Patrimonio.
