Os pellets de plástico seguen a esparexerse pola costa galega. Estas boliñas, procedentes da perda dun contedor con este material por parte do buque mercante Tocano en augas portuguesas hai case un mes. O material comtaminante, que dende hai semanas se move polo litoral galego, especialmente na Ría de Muros e Noia, na Ría de Arousa e na Costa da Morte, foi recollido xa nas costas próximas á cidade da Coruña e mesmo na Mariña Lucense, en Burela ou Foz.
Este sábado a Delegación do Goberno en Galicia informou que xa o 20 de decembro comunicou a Xunta a vertedura de 'pellets' de plástico
E mentres grupos de voluntarios e voluntarias comezan a organizarse para recoller os residuos nas praias, sobre todo na ría de Muros e Noia, entre Corrubedo e Porto do Son, intensifícanse as críticas á xestión realizada polo Goberno galego, que tan só este venres se decidiu a activar o plan anticontaminación, varias semanas despois do accidente e da alerta lanzada polo Goberno central.
Este sábado a Delegación do Goberno en Galicia informou que xa o 20 de decembro comunicou a Xunta a vertedura de 'pellets' de plástico. En concreto, ás 18.30 horas dese día o xefe do servizo de Salvamento Marítimo de Fisterra comunicou ao subdirector do servizo de Gardacostas a chegada destas pequenas bólas de plástico.
O Executivo respondía así ás declaracións realizadas polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que acusara o Goberno central de ter coñecemento dos feitos "hai 14 días", sen avisar o Goberno galego ata esta mesma semana.
O Executivo respondía así ás declaracións realizadas este sábado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que acusara o Goberno central de ter coñecemento dos feitos "hai 14 días", sen avisar o Goberno galego ata esta mesma semana. Na súa conta en X o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, demandou ao conselleiro que pedise "desculpas por faltar á verdade" ou ben "asumir as súas responsabilidades ao non estar ao tanto da información recibida polos servizos da Xunta".
O Goberno de España ofrece axuda á Xunta para limpar os pellets de plástico das praias
Para recibir apoio de medios estatais para a limpeza da costa, a Xunta debe elevar o nivel de alerta a N2 e solicitalo expresamente
Na mañá deste domingo a vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribeira, chamou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para ofrecerlle o apoio do Goberno de España nos labores de limpeza e restauración das zonas afectadas.
Con todo, para que ese apoio poida ser efectivo e o Goberno central poida mobilizar medios estatais, é necesario que a Xunta active o nivel de emerxencia 2, destinado a emerxencias de especial vulnerabilidade, e que solicite expresamente a mobilización dos medios estatais. Polo momento, a emerxencia decretada polas autoridades galegas é de nivel 1.
Neste mapa elaborado pola Asociación Noia Limpa, pódense consultar os puntos do litoral galego nos que se localizaron xa os residuos plásticos, que chegan xa ata a Mariña lucense e que continúan o seu desprazamento pola costa cantábrica.
O delegado do Goberno, Pedro Blanco, demandou ao conselleiro que pida "desculpas por faltar á verdade" ou ben "asuma as súas responsabilidades ao non estar ao tanto da información recibida polos servizos da Xunta"
Para o BNG, a xestión dos pellets de plástico que está a realizar a Xunta "é unha mostra desa incompetencia do PP, que tanto nos recorda ao xa pasamos con outras mareas negras neste País: un Goberno galego e un Goberno central deixando soa á xente do mar que está indo ás praias a limpar, hoxe mesmo, e deixando só aos concellos que non teñen medios nin recursos e por riba manipulando á opinión pública”.
Neste sentido, Ana Pontón destacou este domingo en Rianxo que "non estamos só ante unha marea de plástico", senón ante “unha nova marea da mentira e da ocultación do PP que temos que derrotar nas urnas, derrotar nas urnas a mentira e a incompetencia”.
Pontón di que "non estamos só ante unha marea de plástico", senón ante “unha nova marea da mentira e da ocultación do PP"
O BNG solicitou a convocatoria urxente da Deputación Permanente pola crise dos pellets, mentres que Ana Pontón criticou dende Muros que a Xunta non poña medios para loitar contra esta "traxedia ambiental". A líder do BNG considerou “gravísimo” que a Xunta “ocultara” o vertido destes pellets cando era coñecedora do mesmo dende hai semanas.
Besteiro criticou a inacción da Xunta ante a marea plástica “cando foron advertidos a mediados de decembro polos veciños e polo propio goberno de España”
Pola súa banda, o candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, acusou este domingo a Alfonso Rueda de “tirar do manual do Prestige” coa súa actuación ante "o desastre ecolóxico da marea de plástico".
Besteiro reprochou a inacción da Xunta ante a marea plástica “cando foron advertidos a mediados de decembro polos veciños e polo propio goberno de España”. Besteiro critica que “unha vez máis, o PP actúa só pola presión social e quere pasar a súa responsabilidade aos concellos”. “Fóronse de vacacións sabendo o que ía pasar”, denuncia. Ademaism emprazou a Rueda a que informe sobre a composición destes plásticos para que “todos saibamos a que nos enfrontamos, cales serán as consecuencias deste vertido”.
Grupos de voluntarios e voluntarias comezan a se achegar á costa para participar na recollida dos pellets
Grupos de voluntarios e voluntarias comezan a se achegar á costa para participar na recollida dos pellets, buscando sobre todo retirar os sacos de gran tamaño -duns 25 quilos- que os transportaban. Porén, nos últimos días o que está a chegar ás praias de maneira maioritaria son as boliñas, xa dispersas, o que dificulta a súa limpeza.
Ecoloxistas en Acción interporá ante os Xulgados de Noia querela contra a empresa neerlandesa propietaria no navío, Toucan Maritime, por un delito contra o ambiente e os recursos naturais
Ecoloxistas en Acción, Plademar Muros-Noia e a plataforma Noialimpa esixen á Xunta que poña os medios económicos, materiais e humanos para realizar os traballos de descontaminación, ao cargo da empresa responsable. Tamén esixen que se realice un estudo para determinar os danos ambientais causados polo vertido sobre a fauna e ecossistemas mariños así como os posibles impactos económicos, de modo a realizar as reclamacións á empresa naveira e á súa aseguradora.
Ecoloxistas en Acción anunciou, así mesmo, que interporá ante os Xulgados de Noia querela contra a empresa neerlandesa propietaria no navío, Toucan Maritime, por un delito contra o ambiente e os recursos naturais, lembrando que os vertido se produce ademais nunha zona na que ven de ampliarse a Rede Natura 2000 pola súa importancia como corredor ecolóxico de aves. Coa acción pretenden asegurar que se cumpre a máxima de “quen contamina paga”.