Hai uns días polo Colectivo Rula denunciou a colocación dun banco sobre unha pena que contiña un petróglifo no monte San Lois de Noia. O banco instalado hai uns meses polo Concello coa mensaxe: “Todo o que ves é teu. Cóidao”.
Ante as críticas xeradas, este mesmo luns a Dirección Xeral de Patrimonio supervisou a súa retirada, completándose de inmediato, como recolleu a agrupación local do BNG nas súas redes sociais. Con todo o BNG de Noia critica que "xa non hai banco porque veu Patrimonio a arranxar a desfeita, mais quedan as pegadas dunha xestión sen previsión algunha".
O petróglifo non está catalogado e constitúe o primeiro exemplo de gravado rupestre atopado en Noia. O Colectivo A Rula explica que os gravados "están moi erosionados polo que só son visibles durante o día coa luz rasante do solpor". E subliña que "unha limpeza da vexetación da contorna e unha prospección da zona podería axudar no estudo do patrimonio arqueolóxico nas proximidades deste impoñente monte".