Medio Rural manifesta que cinco visóns desta explotación de Carral deron positivo no virus SARS-CoV-2 nun control rutineiro do protocolo de prevención
A Consellería do Medio Rural comunicou este mércores ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a existencia dun gromo do virus SARS-CoV-2 nunha granxa de visóns americanos situada no concello de Carral. Trátase do terceiro episodio deste tipo despois do foco rexistrado en xaneiro na Baña e do detectado en Santiago de Compostela no mes de marzo.
Nun control de vixilancia no marco do Programa de prevención, vixilancia e control de SARS-CoV-2 en granxas de visóns americanos en España confirmouse a circulación do coronavirus nesta granxa de Carral, con cinco positivos entre os visóns. Será o Ministerio o que traslade a existencia deste brote á Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) e á Comisión Europea.
A granxa está paralizada e os animais serán controlados por veterinarios oficiais da Xunta
Medio Rural informa de que a explotación permanece inmobilizada e sometida a vixilancia e control oficial polos servizos veterinarios, para intentar determinar a orixe da infección, aínda que segundo a Consellería todo apunta a que, como en casos precedentes, o gromo teña unha orixe humana. ″A enquisa epidemiolóxica realizada na granxa non amosa ningunha sintomatoloxía nos animais presentes″, engade.
25 granxas activas en Galicia
Galicia conta cun total de 25 granxas activas de visón americano na actualidade, entre todas suman un censo total de 71.479 reprodutoras. Medio Rural incide en que mantén ″un contacto permanente″ co sector peleteiro galego e trasladou, nominalmente, a todas as explotacións activas a información actualizada da situación, tanto en Europa como en España, a través de varias comunicacións nas que se incidía no incremento das medidas de bioseguridade para evitar a transmisión do virus a través de persoas infectadas. [Os riscos asociados á COVID reabren o debate sobre o peche das granxas de visóns en Galicia despois de anos de denuncias]
″A enquisa epidemiolóxica realizada na granxa non amosa ningunha sintomatoloxía nos animais presentes″, informa Medio Rural
As 25 granxas en funcionamento en Galicia localízanse principalmente en Abegondo, que conta con seis destas explotacións, en Carral (catro) e A Baña (tres), segundo os datos de Adega, que considera estas granxas como unha "bomba biolóxica". Santiago de Compostela conta con dúas e Brión, Curtis, Negreira, Rois, Sobrado, Oza-Cesuras, Palas de Rei, Agolada, Lalín, Oia e Vilaboa acollen unha.
Galicia deu co primeiro brote en xaneiro nunha granxa de visóns americanos da Baña. Foi o segundo detectado no Estado despois da alerta creada en toda Europa coa diseminación do virus SARS-CoV-2. O caso da Baña saldouse con 3.100 animais sacrificados. O segundo gromo, detectado nunha granxa compostelá que contaba con 6.554 visóns (5.430 femias reprodutoras e 1.124 machos)