Entre o 17 e o 31 de maio, se te fas socio ou socia de Praza.gal recibirás de balde un dominio .gal durante un ano e o aloxamento dese dominio durante doce meses
Entre o 17 e o 31 de maio, se te fas socio ou socia de Praza.gal recibirás de balde un dominio .gal durante un ano e o aloxamento dese dominio durante estes doce meses. No mes das Letras, a Asociación de Medios en Galego (Amega), Dinahosting e PuntoGal veñen de anunciar un acordo para potenciar as subscricións aos medios en galego e, ao tempo, promover o uso do dominio galego na rede.
"Queremos aproveitar sinerxias para promover máis eficazmente o uso e presenza da lingua galega", destaca a Amega, que salienta que "estendendo os dominios .gal estaremos a fortalecer a comunidade galega", de igual xeito que "aumentando a base social dos medios en galego tamén contribuimos a unha maior fortaleza da lingua e reforzando as empresas galegas das novas tecnoloxías facemos músculo galego".
"Queremos aproveitar sinerxias para promover máis eficazmente o uso da lingua galega"
O agasallo está valorado nuns 170 euros, sumados o prezo do dominio e o aloxamento da web durante un ano. Ademais de Praza.gal, participan nesta campaña Nós Diario, Radiofusión, Tempos novos, Luzes, O Sil, Revista Mazarelos, Código cero, O Barbanza e Nós TV.
Na actualidade o número de dominios puntogal contratados é de 6.422, oito anos despois do inicio do dominio galego
Podes ser socia ou socio de Praza.gal a partir dunha doazón anual de 60€ (5€/mes). Ademais, as subscricións a Praza.gal dan dereito a unha devolución moi importante (ata o 80%) ao faceres a declaración da renda
Podes ser socia ou socio de Praza.gal a partir dunha doazón anual de 60€ (5€/mes), contribuíndo a construír un xornal plural, aberto e libre. O apoio das lectoras e lectores é imprescindible para soster e ampliar a nosa redacción e para informar máis, mellor e sen cancelas. Os socios e socias reciben ademais adiantos de noticias e informacións exclusivas para poderes lelas antes de que sexan publicadas para o público xeral.
Ademais, as subscricións a Praza.gal dan dereito a unha devolución moi importante ao faceres a declaración da renda. Os socios e socias reciben de volta o 80% dos primeiros 150 euros que achegan a Praza.gal. Se a doazón realizada foi maior , a persoa ten dereito a un reingreso do 35% das cantidades que superen estes primeiros 150 euros. Podes informarte máis polo miúdo nesta ligazón.