13 espectáculos competirán como finalistas nos XXV Premios de Teatro María Casares. Este mércores anunciáronse as candidaturas para os galardóns, que se entregarán o 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Os galardóns entregaranse o 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña
O espectáculo ‘A lingua das bolboretas’, de Sarabela Teatro, suma o maior número de finalistas, con 8, nas categorías de espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actor protagonista, actor secundario, iluminación, escenografía e vestiario. Con 5 candidaturas aparecen as obras ‘Bailar Agora’, de Marta Alonso Tejada; ‘Dreaming Juliet’, de Elefante Elegante, e ‘32m2 ’, de ButacaZero.
Ademais de ‘A lingua das bolboretas’, ‘Bailar Agora’, ‘Dreaming Juliet’ e ‘Microspectivas dun marica millenial’, de Incendiaria, competirán polo galardón ao mellor espectáculo
Ademais de ‘A lingua das bolboretas’, ‘Bailar Agora’, ‘Dreaming Juliet’ e ‘Microspectivas dun marica millenial’, de Incendiaria, competirán polo galardón ao mellor espectáculo. Mentres, ‘Os nenos da varíola’, de Pérez&Fernández; ‘Ris Ras’, de Baobab Teatro, e ‘Lázaro de Tormes’, de Pedras de Cartón, son as obras finalistas para espectáculo infantil.
Micropectivas dun marica millennial, Os nenos da varíola e O Premio suman 4 finalistas, fronte aos 3 de O mozo da última fila, de Redrum Teatro. Por último, cinco obras conseguen 1 posto de finalistas: Poeta en Nova York, de Teatro Baixo da Area; A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico: O libro da selva, de Teatro Avento Producións; Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón: e Ris Ras, de Baobab.
Os galardóns están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)
Os galardóns están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e contan co apoio e o patrocinio de institucións e entidades como Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación AISGE, a Fundación SGAE ou Gadisa.