Dadas as facilidades que ofrece per se o galego para se comunicar cun veciño do Porto ou São Paulo, sería necesaria unha aposta máis decidida por introducir o portugués na escola?
Desde a aprobación da lei Paz Andrade no 2014, o ensino de portugués no sistema educativo galego foi aumentando e hoxe chega a 5.000 estudantes, dacordo con datos da Xunta. Porén, Galicia aínda está lonxe de comunidades como Extremadura, onde, malia ter pouco máis dun millón de habitantes, aprenden a lingua do país veciño 20.000 estudantes.
Dadas as facilidades que ofrece per se o galego para se comunicar cun veciño do Porto ou São Paulo, sería necesaria unha aposta máis decidida por introducir o portugués na escola? É a pregunta que lanza ao ar o último Té con Gotas e á que se trata de dar resposta da man de representates do ámbito institucional, empresarial e docente.
O secretario xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, asegura que o Goberno galego traballa para poder ofrecer Portugués como materia optativa en todos os centros de ensino secundario do país, aínda que non fixa ningún prazo temporal para alcanzar este obxectivo.
O ex-director xeral do Banco Pastor, Enrique Sáez, aposta por introducir o portugués na escola, mesmo se se trata de horas extracurriculares para ensinar as diferenzas chave entre galego e portugués
Ao seu xuízo, un dos motivos que poderían explicar a escasa oferta de portugués nos centros de ensino tería que ver cunha reducida demanda por parte dos estudantes, derivada do feito de que os galegos non sinten o portugués como lingua estranxeira senón como un idioma próximo no que é doado comunicarse.
Desde a Associação Docentes de Português na Galiza negan a maior e aseguran que os últimos anos probaron que alí onde se oferta a materia de portugués a demanda por parte dos alumnos vai a máis curso tras curso.
O exdirector xeral do Banco Pastor, Enrique Sáez, aposta por introducir o portugués na escola, mesmo se se trata de horas extracurriculares para ensinar as diferenzas chave entre galego e portugués. "Temos un idioma que inventamos cos portugueses hai 1.000 anos e que serve para falar con 200 millóns de persoas. Entón, para min, non utilizalo ou non aproveitalo, é tirar cartos", asegura o empresario, que tamén liderou a división de negocios en Portugal do Pastor até o ano 2003.