  - 🔊Podcast Té con gotas
- Cultura
 - Aprender portugués en Galicia: un filón por explotar?- Dadas as facilidades que ofrece per se o galego para se comunicar cun veciño do Porto ou São Paulo, sería necesaria unha aposta máis decidida por introducir o portugués na escola? É a pregunta que lanza ao ar o último Té con Gotas e á que se trata de dar resposta da man de representates do ámbito institucional, empresarial e docente. 
  - 🔊Podcast Té con gotas
- Mundo
 - Rehabilitación enerxética: illar a túa casa para loitar contra o quecemento global- A loita contra o cambio climático leva anos no centro da axenda política doméstica e internacional. Os esforzos para reducir as emisións de gases efecto invernadoiro adoitan poñer o foco na industria e o transporte pero deixan nun segundo plano o outro grande acaparador do consumo enerxético: a vivenda. Té con Gotas analízao con Aydin Dikerdem, do think tank británico New Economics Foundation, e con Elena Ampudia, decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 
  - 🔊Podcast Té con gotas
- Economía
 - A semana laboral de 4 días: utopía ou futuro inevitábel?- Traballar menos cobrando o mesmo. Esa posibilidade está a ser un dos grandes debates nos que está inmerso o mundo do traballo en moitos países occidentais. O primeiro episodio da nova tempada do 'Té con gotas' aborda o debate coa axuda de Jack Kellam, investigador que analizou o exitosa experiencia piloto en Islandia, e mais con Andrés Tarascó, responsable dunha empresa galega de ciberseguridade que está a ensaiala 
  - Podcast Té con gotas
- Mundo
 - Superxoves electoral no Reino Unido: a pandemia reforza os partidos no goberno e o independentismo escocés gaña impulso- Nestas eleccións elixíronse os parlamentos nacionais de Gales e Escocia e as corporacións municipais e alcaldías de moitos concellos e áreas metropolitanas de Inglaterra. 
  - 🔊Podcast Té con gotas
- Mundo
 - Traballar para o Estado: hai alternativas ás oposicións?- A forte dependencia de probas memorísticas para o acceso á función pública é unha característica do sistema de oposicións español. O podcast Té con Gotas compara este modelo co que se pode atopar no noso entorno, particularmente no Reino Unido. 
  - 🔊Podcast Té con gotas
- Mundo
 - Eleccións en Escocia: Un nacionalismo dividido busca renovar a maioría para convocar un novo referendo de independencia- Ningunha enquisa cuestiona que o SNP será o gañador das eleccións pero a dúbida está na marxe con que asegurará a súa victoria 
  - 🔊Podcast Té con gotas
- Mundo
 - Máis impostos e máis Estado para recuperar a economía británica- O podcast Té con Gotas analiza se o Reino Unido deixou finalmente atrás a política de austeridade e iniciou unha nova estratexia económica que inclúe unha tributación máis alta e un papel máis importante do estado. 
  - 🔊Podcast Té con gotas
- Mundo
 - O voto rogado chega á súa fin: como será o sufraxio exterior do futuro?- O Congreso dos Deputados aprobou a semana pasada a toma en consideración da proposta de lei presenada por PSOE e Unidas Podemos para suprimir o coñecido como voto rogado en futuros procesos electorais. Té con Gotas conversa coa deputada socialista galega Pilar Cancela, que defendeu a modificación ante a Cámara Baixa 
  - 🔊Podcast Té con gotas
- Mundo
 - Reino Unido: un Estado con catro seleccións nacionais- O Reino Unido compite en distintos torneos internacionais con seleccións representando ás súas catros nacións constituíntes no canto dun equipo único para todo o estado. O podcast Té con Gotas explora as razóns e as curiosidades deste modelo. 
  - 🔊Podcast Té con gotas
- Mundo
 - Carlos Durão, un galego de Londres
  - 🔊Podcast Té con gotas
- Mundo
 - O Reino Unido comeza a sentir as primeiras consecuencias do Brexit- Tras dúas semanas fóra do marco regulatorio da Unión Europea, o Reino Unido comeza a sentir as consecuencias do novo acordo comercial. 
  - Podcast Té con gotas
- Mundo
 - Transparencia no Goberno: unha cultura que si entende de fronteiras- No podcast desta semana facemos unha comparativa entre a cultura da transparencia de Galicia e do Reino Unido, un país cunha Lei de acceso á información que leva 20 anos en vigor e onde está máis asentada a idea de que os datos da Administración son un patrimonio da sociedade e non do Goberno e falamos cunha das autoras do informe do Foro Económico 'Fuga de Talento en Galicia, mito ou realidade'? 
